Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
As raias das estradas son brancas ou amarelas, pintadas e, en moitos casos, mal pintadas ou borradas. Segundo datos aportados pola Dirección Xeral de Estradas, encargada de xestionar a planificación, o proxecto, construción, conservación e explotación das estradas estatais, a finais do ano 2024, a Rede de Estradas do Estado tiña unha lonxitude que superaba os vinte e seis mil quilómetros, cunha circulación media de trece mil vehículos por día. Non sabemos se é moito ou é pouco. Son os datos que achega o ministerio do ramo, moitos para atender, malos e caros para coidar.
Autopistas, autovías, estradas convencionais propiedade do Estado, atravesan a xeografía das comunidades autónomas para ir e volver, sempre con dificultades, con atrancos, con peaxes custosos, con fochancas a cada paso, e coas raias laterais e centrais pouco visibles, gastadas ou desgastadas polo tempo e a climatoloxía, pola falla de mantemento, pola escasa inversión na seguridade que deben ofertar as vías.
O amigo Jei exerceu moitos anos a docencia en Barcelona, e agora virá á súa Galicia natal para cantar a mesma canción, para xuntar a súa voz ás esixencias xustas dun pobo que traballou, traballa e mais cala
Se andas pola provincia de Lugo, andas mal, ás cegas moitas veces, igual que se circulas polas estradas de Ourense, de Pontevedra ou da Coruña. Será igual, fóra de Galicia? Ao parecer, depende. Depende de quen o conte e de onde sexa, pero en xeral, mal, as estradas merecen unha man, un arranxo xeral. Cómpre un ministro que mire por elas. E falando de ministros e de arranxo das estradas, vén á memoria aquela estupenda e magnífica canción de Jei Noguerol, de principios da década dos setenta, “señor ministro, por favor, amáñeme a carretera/ que máis parece un camiño no que non se pode andar sequera”.
O amigo Jei exerceu moitos anos a docencia en Barcelona, e agora virá á súa Galicia natal para cantar a mesma canción, para xuntar a súa voz ás esixencias xustas dun pobo que traballou, traballa e mais cala. Os operarios que pintaban a mediana da vía que vai de Coruña a Madrid, doáronlle ao daquela cura do Cebreiro, Elías Valiña, caldeiros de pintura para que marcara coas súas frechas amarelas o Camiño de Santiago. Hoxe, como di a Tía Manuela, non poderían facelo, “toda a pintura sería pouca para remarcar as raias borradas”.
Aí estamos, esperando. Pasamos a vida agardando e reiterando o do noso cantautor: Señor ministro, por favor, amañe e pinte as carreteras, para que a mocidade non morra nelas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El sanchismo paga bien
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Sin indicios de paz
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
91 coches matriculados al día
Lo último
REGULARIZACIÓN DE MIGRANTES
El Gobierno desmonta los bulos sobre el proceso de regularización de migrantes en España
VISITA AL VATICANO
Pradales se reunirá con el Papa el 13 de mayo en el Vaticano