Sergio Otamendi
CRONICA INTERNACIONAL
Venezuela: Delcy, entre Maduro y Trump
Naquela noite de silencio, quedou murcha a esperanza, a de todos os participantes no ruído previo. Non quedaba frescura nos ollos de ninguén, non quedaba para onde mirar e moi pouco no que pensar. O futuro estaba en camiño lentamente, como unha carrilana de madeira de carballo e as súas tres rodas de madeira vella de castiñeiro, movidas pola pendente dese terreo que acaba no mar do fondo, alí mesmo xunto do abismo. Naquela noite de silencio esmoreceu repentinamente o ruído, aquel ruído infernal que impregnaba os miolos da xente, daquela xente que estaba conforme e cría nas bondades anunciadas e propagadas dende as altas instancias das institucións, e daquela outra que tremía fronte aos anuncios oficiais e choraba de impotencia e desgusto.
Cambian os mundos, cambian os tempos, cambian as culturas, as relacións entre as persoas e as familias. Todo cambia e nós tamén. Por iso queremos e podemos soñar tranquilamente coa supresión para sempre da represión, cun mundo de igualdade e de respecto, cun mundo como debe ser. Aínda que só quede a esperanza, vale a pena seguir e pelexar, pelexar ata acabar. Non hai mal que cen anos dure, logo, os máis novos ben poden agardar. Uns xa levan tempo agardando e outros agardando seguen, agardando polo melloramento que non vén. Nin vén, nin vai.
Naquela noite do silencio e de grande ruído, todo empezou a cambiar, incluso cambiarán os períodos de rotación dos astros, cambiarán as lúas e, completamente, os sistemas de vida, as rutinas, os negocios, as formas de aprender e de ensinar, as manifestacións cariñosas, os protocolos establecidos pola alta diplomacia, as relacións de cortesía e as amorosas. Cambiará a ciencia e o saber, as poboacións enteiras de cada territorio e as formas de ser, de servir e de pensar.
Imos cos tempos e estamos indefensos diante dun mal xerado por varias pandemias, pola peste da miseria colectiva producida polo dominio duns poucos moi poderosos que queren facer do mundo o seu campo de recreo, pola peste daqueles afoutos que se apelican á gobernanza onde queira que estean, polo despoboamento do noso territorio, polas inxustizas que medran e se estenden, pola pobreza en medio mundo. Sen dúbida, a poboación mundial, indefensa diante dos ataques continuados dun virus de coroa. A Tía Manuela pregunta, por que?
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Sergio Otamendi
CRONICA INTERNACIONAL
Venezuela: Delcy, entre Maduro y Trump
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Que si. Que non
Fernando Jáuregui
Por qué ir a la manifestación (¿y por qué no?)
Fernando Lusson
Vía de servicio
Sánchez se encastilla
Lo último
NATURAL DE CASTRELO DO VAL
Gabi Guede, el oro mundial que reivindica el talento joven del rural
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, miércoles 2 de septiembre?