Os atrancos do AVE

Publicado: 20 abr 2025 - 07:47
Opinión en La Región.
Opinión en La Región. | La Región

Saben todos os lectores e seguro que ata todos os ourensáns que a chegada do AVE a Galicia é a obra de nunca acabar. A sua chegada a Ourense foi un agran avance para esta imprescindible infraestrutura que nos sitúa en línea co que demandan os tempos, si ben con notable retraso sobre outros territorios. Ademáis, digamos que o tren de alta velocidade a Galicia é unha realidade a medias, pois quedan por construir e rematar moitas obras imprescindibles (nova estación, variante exterior, desdobramento de vías, entre outras) para que se poida considerar rematado.

As décadas de retraso provocadas pola sucesión de frenazos ao proxecto permiten agora contrastar o que se dicía para xustificar decisións coa realidade actual. Por exemplo, a supresión de doble vía co argumento de que o escaso número de viaxeiros que ían utilizar o tren entre Madrid e Ourense non se compadecería co alto custe de tales obras, segundo sostiñan os técnicos de cabeceira na etapa de Ana Pastor como ministra do ramo. Igualmente, quedou dinamitado o proxecto de Foster para a estación de A Ponte que incluía a reformulación dunha parte importante da zona, que contemplaba salvar a fenda das vías ata O Vinteún. Aquelo será sustituido por non sabemos qué, pero moi lonxano da idea orixinal.

Unha década despois, o fracaso daqueles expertos no vaticinio das bondades dunha línea low cost foi clamoroso

Houbo incluso quen calificou de dispendio contar coa firma do prestixiosísimo arquitecto inglés, pois o que se precisaba era algo funcional -e barato, claro, como as pantuflas de andar pola casa-, como se un proxecto de nivel e cuxa envergadura cambiaría a faz dunha parte da cidade, estivera rifado coa funcionalidade. Esa iniciativa histórica xa se perdeu, eternizando o erro de capar o proxecto, pois o pensamento dos gobernantes actuáis está en línea co dos que meteron a tesoira para negar con total tranquilidade o que se lles deu a outros lugares con moita menos xustificación.

(A Cidade da Cultura encargouselle a Peter Eisenman, un dos grandes do sector, sen que pasara nada, e aí está para a historia o complexo do Gaiás, que se soñou para non se sabe qué e aínda hoxe descoñecemos que papel ha de xogar no futuro, pero que todo o mundo sabe, incluso os detractores, será un símbolo na Compostela de mañá).

Unha década despois, o fracaso daqueles expertos no vaticinio das bondades dunha línea low cost foi clamoroso, como o demostran os máis de 1,12 millóns de viaxeiros que utilizaron o ano pasado a alta velocidade entre Madrid e Ourense e viceversa, marcando unha progresión constante dende a sua posta en marcha.

Contenido patrocinado

stats