Eduardo Medrano
Motín de Esquilache
Se a un lle cae unha librería encima pode acabar esmagado pola cultura. Tamén parece claro, que a sobredose de información desvaloriza a realidade e o coñecemento veraz, sobre todo nestes tempos tan curiosos, de desprestixio da verdade e de creación de relatos artificiais dirixidos por argumentarios reducionistas. O exceso de baralle, presentado como información o que simplemente é opinión, oculta, incluso intencionadamente, a verdade, converténdoa nunha variable ou anécdota máis. E aí aparece con elemento clave para xulgar a actualidade a confianza ou desconfianza en cada un dos actores públicos.
Obviamente, cando menos complexa técnica e socialmente é unha sociedade, máis capacidade teñen os seus membros para xulgala. Se un muro de cachotería ten as pedras mal asentadas, todos poden ver o perigo; pero o comportamento estrutural dos cementos e forxados nas pontes das autovías construídas nos anos noventa, non está á vista: é cousa de especialistas. A confusión entre opinións interesadas e coñecementos obxectivos tennos a moitos cada vez máis inquedos.
Imaxina alguén hoxe Galicia sen Castelao no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres ou sen a autopista A-9 entre Ferrol e a fronteira portuguesa? Menos mal que perderon a batalla os que dominaban o relato. Sobre outros disparates, non houbo debate ou oposición. Falo, por exemplo, dos portos exteriores de Coruña e Ferrol, ou do triplete renovado de aeroportos en Galicia.
Tirar bidóns radioactivos no mar, era un disparate evidente que concitou unanimidades. Poñer unha celulosa na depresión ourensá, outro semellante, pero hai cincuenta anos logramos paralo. Á parte das manifestacións que faciamos na rúa, tamén o concello de Ourense se uniu ao rexeitamento. Pero desas vitorias sociais horizontais, pasouse en determinados núcleos, a outras cuestións sobre as que nunca se fixo autocrítica, como a oposición á traída dos restos de Castelao ou á construción da Autopista do Atlántico, “unha navallada á nosa Terra”. Imaxina alguén hoxe Galicia sen Castelao no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres ou sen a autopista A-9 entre Ferrol e a fronteira portuguesa? Menos mal que perderon a batalla os que dominaban o relato. Sobre outros disparates, non houbo debate ou oposición. Falo, por exemplo, dos portos exteriores de Coruña e Ferrol, ou do triplete renovado de aeroportos en Galicia.
E non se trata de ser profetas do non nin profetas do si. A cousa é moito máis complexa. Trátase de ver con distancia as conviccións propias e con (des)confianza as informacións duns e doutros para tratar de formar unha propia opinión, cousa sempre ben máis difícil que deixarse levar, por este ou por aquel. Aprendín moitísimo na charla con dous vellos mariñeiros en Muxía, o día da manifestación do Prestige. Alí estabamos nunha localización privilexiada por sermos o da Lagoas o segundo centro de Galicia que máis xente achegara. Eles, escépticos, contaban historias de naufraxios da II Guerra Mundial, e gababan a capacidade de recuperación do mar. Como así foi. O que rirían coa hiperventilación social co tema dos pellets ciscados daquel par de contedores caídos dun barco.
O caso é que moitos desconfiamos do catastrofismo ambientalista que pensa que calquera tempo pasado foi mellor, incluso cando Renfe tinxía co arco iris dos seus aceites usados o río Miño en Ourense. En calquera caso, a nosa opinión sobre cuestións tan técnicas como a instalación dunha grande industria no centro de Galicia ou o acontecido co apagón do outro día, normalmente non pode estar baseada en coñecementos persoais como especialistas na cuestión, senón no nivel de confianza ou desconfianza que teñamos dos técnicos e da traxectoria e intereses dos políticos que nos falan. Dos gobernos e das oposicións. E aí, está a clave. Escoitar a uns e a outros, con frialdade, informarse persoalmente no posible, e asumir o que nos pareza máis fiable, pero deixando oco á posibilidade de estarmos enganados.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último