Eduardo Medrano
Motín de Esquilache
A auga da burga é quente. A auga da burga de Baños de Molgas sae a máis de 49 graos e é boa. A auga da burga da miña vila molguesa vale tanto para o ture como para a brisca. Unha enfermeira, nun periódico, declara que “a auga de As Burgas é un recurso desaproveitado a nivel sanitario”. Sei que se refire ás burgas de Ourense. Coma se se dixese o mesmo para a burga de Baños de Molgas. Claro que, a desta, si se aproveitou sempre como recurso sanitario. Mesmo cos animais.
Unha vez que andaba collendo ferraia, a fouce tamén cortou algo nun dedo
Recordo que, cando se enrellaba unha vaca co arado, levabamos ó animal a meterlle o pé na burga, e a pesar de que había, de que hai unhas escaleiras abondo pinas. E seguindo cos animais; no inverno, cando non podían saír ó monte por causas atmosféricas ou por cousas de laboreo, e como había que darlles de beber, mesturabámoslle a auga fría coa auga da burga para que lle fose máis ou menos temperada, morne.
Eu mesmo; unha vez que andaba collendo ferraia, a fouce tamén cortou algo nun dedo. Sen pensalo dúas veces, axiña puxen o dedo por debaixo do cano da burga e aquilo logo curou. Indo a traballar de Ourense a Maceda, e no primeiro síntoma de catarro que tiña, no alto de Piúca torcía con dirección a Baños de Molgas para beber uns tragos de auga quente. Cheira a ovos podres, sabe mal, pero a todo se acostuma un.
A auga da burga é quente. A auga da burga de Baños de Molgas é tan boa que vale para todo. Cando valeu para os romanos… xa está todo dito.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior
OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas