Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Regularización necesaria
Unha máxima di: cando algo funciona con normalidade non o toques. Se a caso fai algunha reforma puntual e déixao como está. As reformas baseadas en arroutadas non funcionan e soamente traen problemas.
O intrépido e atrevido alcalde Jácome partindo dunha visión persoal e unicamente urbanita, crendo descubrir a pólvora propón remodelar completamente o servizo de autobuses para o 16 do mes que andamos. De momento, só sabemos o anuncio con pinceladas, pois carecemos de detalles. Con todo, a revolta semella importante. Non sei en que se afianza esta reforma. Jácome di que non lle fai falla ningún estudio polo que deduzo que o que temos diante é outra ocurrencia sen máis. Primeiro foi mercar uns autobuses moi mal deseñados: pasillos estreitos e pasos altos para acceder a unhas cadeiras sin ningún mullido; carencia de barras e asideiros na parte traseira e autobuses pequenos que son moi incómodos saltaríns, etc. E agora, no canto de quitar a concurso ó servizo, ven con esta reforma que xa veremos como resulta. Polo que descoñecemos se a fará por cuestións económicas ou pra escarallar todo o que funciona con certa normalidade. Todo é escuridade, dado que se o servizo hoxe é máis caro paras as arcas municipais é por seguir en precario, e non por outra cousa. Tampouco sei se os que o fixeron o novo deseño coñecen ben a xeografía desta nosa cidade. Pois o principal movemento de persoas danse nas liñas que cruzan a urbe norte sur e que van parar á Residencia, Cumial, Seixalbo e a Valenzá. Evidentemente esto non quere dicir que non sexan precisas outras liñas.
Foron moitos os avatares que pasaron naqueles primeiros anos cando estaba a empresa Viajes Marca
Mais fagamos un chisco de historia: Os autobuses urbanos de Ourense comenzaron a funcionar alá pola década dos cincuenta do século pasado. E dende o seu nacemento tiveron como obxectivo principal favorecer que as persoas dos distintos puntos da periferia ou o rural puideran vir á cidade ben a vender os produtos nas dúas prazas que había ou mercar nos comercios da urbe, ademais de favorecer a mobilidade da xente, poi xa estaba incorporado, por anexión, ó concello de Canedo. Desa maneira a liña número un era a de Seixalbo e a dúas a de Cudeiro pois eran os núcleos mais poboados e importantes desa periferia. Foron moitos os avatares que pasaron naqueles primeiros anos cando estaba a empresa Viajes Marca. Chegados os anos sesenta nunha reforma que ninguén pediu impuxéronse ós chamados Cercanías. Lembro que eran uns autobuses de cor branco. Aquela reforma significou un retroceso pois o urbanos non podía superar o chamado casco urbano. E os Cercanías non cumprían cos servizos que antes da reforma había no extrarradio. Protestas houbo e moitas. Ate que despois das primeiras eleccións municipais, sendo alcalde o Sr. López Iglesias houbo unha reunión de todos os alcaldes dos barrios do rural, concretamente en Seixalbo e a primeira petición que se mantivo foi que os Autobuses Urbanos chegaran a eses núcleos do rural. E as autoridades accederon a esa reivindicación. Dende aquela o servizo cara as distintas zonas seguiu funcionando ate o momento actual. Pois ben, todas as corporacións foron mellorando e aumentado as liñas estes de maneira continuada, pois primeiro os buses chegaron á Bemposta e logo ó Cumial e mesmo a Reboredo dándolle un servizo ás xentes desa zona pertencente ó concello de San Cibrao das Viñas. Polo que, tanto Seixalbo como ó Cumial hoxe dispoñen duns servizos que se resumen en catro liñas. A saber: a 1. e 2, que entra moi preto deste núcleo histórico e a 14 e a 33 que soben directamente ó Cumial. E posible que actualmente haxa que axustar horarios e paradas pois en certas franxas do día como pedían os condutores, dado que os actuais son moi malos de cumprir. Pero despois do sinalado, reducir servizos nalgúns casos para a periferia, eliminar case o cincuenta por cen de frecuencias semella unha barbaridade e un disparate monumental ó igual que cambiar o mapa de liñas na súa totalidade. Non sei se isto que se anuncia faise por querer dar a nota ou por un capricho de quen hoxe manda no concello. Desvalorizar todo o que había semella un erro importante que augura poucas cousas boas. E se non ó tempo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Regularización necesaria
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
Confusión y relato
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Sempre respectable
Rosendo Luis Fernández
La provincia de Ourense en Fitur
Lo último
FINANCIACIÓN EUROPEA
Bruselas, abierta al envío de 90.000 millones para Ucrania
ENCUENTRO GASTRONÓMICO
La androlla será la reina de Viana el Domingo Gordo
TRACTOR 4X4
Carballeda priorizará la prevención de incendios