Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Una mina
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
“Pilato entón díxolle: Non me falas a min?Non sabes que teño autoridade para te soltar, e que teño autoridades para te crucificar? Xesús respondeu: Ningunha autoridade terías sobre min se non che fose dada de arriba...”
(Xoán 19.10-11)
Stalin, Napoleón, Hitler ou Maduro son só algunhas das moitas persoas que gozaron de enorme autoridade humana para exercer o poder sobre multitudes. Estas cotas de poder son difíciles de atopar, pero aínda así, o orgullo tamén pódesenos subir á cabeza cando nos sentimos cun certo poder sobre algo ou alguén.
A resposta de Cristo ás altaneras expresións de Pilato, ensínanos a relatividade de toda potestade humana: ningunha autoridade existe á marxe da soberanía divina. O poder de calquera ser humano non é autónomo, senón concedido “do alto”, o que nos convida a practicar a humildade ante Deus e o próximo, sendo conscientes da brevidade desta vida terreal e da nosa insignificancia fronte ás marabillas do universo que realizou o noso Creador.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último