Pilar Cernuda
LAS CLAVES
Sánchez, cuestionado por los suyos pero inamovible
CASTELLUM HONESTI
Sempre pensei que escribir sobre un mesmo constitúe un acto non só demasiado pretensioso, senón tamén algo tinguido de soberbia; porén, considero que cando é absolutamente necesario, igual que dicía de si o mestre Vicente Risco, me movo bastante ben nese cumio ambivalente da imperfección humana que é a contradición. Por este motivo, hoxe decidín dedica-los minutos que, de xeito obrigado, pasei diante do espello da mañá, a esculca-los segredos que agocha a humilde arquitectura de pel, pelo, músculo e ósos que contemplei nese polígrafo que, incisivo e traidor, rexistra tódolos días os avances inevitábeis do meu decorrer biolóxico.
Eu, pecador, confeso que a primeira palabra que acudiu ó meu maxín foi “insatisfeito”; unha insatisfacción constante que actúa coma o motor imprescindíbel para mellorar cada día e que ante o dilema de ter que escoller entre unha repetición constante de mensaxes alleas prêt-à-porter ou ben a creación orixinal coma produto da reflexión propia, me obriga a decantarme pola segunda opción. Ademais, sempre me neguei a abonarme ó “politicamente correcto” por que considero que cada afirmación desta natureza agocha unha mentira inherente; por iso, ás veces, quizabes demasiadas, sinto que vivo absolutamente fóra do meu tempo. Malia todo isto, como optimista converso que son, reconfórtame a idea de que, á vista do que observo acotío, o feito de intentar crear a través da matinación convértese non so no meu maior, mellor e definitivo acto heroico de rebeldía vital, senón tamén nunha forma de autenticidade e mais de resistencia e supervivencia persoais no territorio natural dun materialismo superficial e baleiro que me abafa por momentos. “Ser diferente é ser existente”, lembraba sempre o guieiro.
Como conservador non me teño por unha persoa dogmática, senón máis ben por un observador reflexivo e ético da realidade, moi ligado á preservación daquilo que considero esencial e un amante da responsabilidade e o respecto pola orde natural e social das cousas.
Por outra banda, no perfil dese mal moderno, convertido en case omnipresente, que se chama “redes (a)sociais”, defínome coma conservador e galeguista, entre outros trazos. Como conservador non me teño por unha persoa dogmática, senón máis ben por un observador reflexivo e ético da realidade, moi ligado á preservación daquilo que considero esencial e un amante da responsabilidade e o respecto pola orde natural e social das cousas. Asemade, concibo a tradición coma un produto da experiencia e a raíz a partir da que construírmos un futuro máis consciente e auténtico. Finalmente, defendo a reforma como o método máis tranquilo e acaído para facer calquera mudanza social con bitola de éxito.
Verbo do galeguismo, enténdoo como unha forma de pensar, un xeito de vivir e, en consecuencia, coma un modo de actuar. Non se limita á defensa simbólica da lingua e a identidade, senón que é unha aproximación activa, reflexiva e constante á cultura, á historia e ó territorio do meu país. A nosa terra preséntaseme como unha tarefa eternamente inacabada; por iso, defendo que o galeguismo, tanto dende o punto de vista ético coma estético, debe manter unha conversa continua con esa Galicia que se pensa tódolos días co gallo de darlle unha resposta axeitada ás súas reflexións convertidas en necesidades.
A insatisfacción entendida coma virtude e a contradición convertida en método ocasional; unha creación habilitada como trincheira e a supervivencia intelectual concibida a modo de heroísmo rebelde; un conservadorismo practicado dende a atalaia da reflexión e un galeguismo militante vivido como opción de sentido ético; velaí algúns trazos definitorios do autorretrato interior do ninguén que adoito contemplar no pequeno cristal blindado contra as especulacións que adorna a parede do meu baño. E todos eles, podo e quero resumilos nun só concepto: libre.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Cernuda
LAS CLAVES
Sánchez, cuestionado por los suyos pero inamovible
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Hay que ir sacando la ropa de fiesta
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Premios de arquitectura en Ourense
Fermín Bocos
Zapatero, cada vez más sombras
Lo último
"MIEDO, ANGUSTIA Y DOLOR"
Entre la ilusión de los niños ourensanos y el estrés de los renos en trineo
PRIMERA DERROTA EN EL PAZO
El COB paga carísimo un mal primer cuarto ante un Gipuzkoa muy acertado (77-89)