Eduardo Medrano
Motín de Esquilache
Era unha despedida chea de emocións, o Vello Milenario escoitou en medio dun silencio sepulcral as verbas dós comensais que libremente falaban expresándolle a súa profunda amizade e agradecemento polo traballo que durante catro anos desempeñou como delegado de Educación. Entre outros intervenientes lémbrase do seu amigo Carlos Cid Arregui, director do Colexio de Rairiz de Veiga (centro que hoxe leva o seu nome). Tamén lle impresionaron as emotivas verbas que lle dedicou o compañeiro Jose Antonio Barge, profesor do Colexio de Carballiño. E cando tiña que responder, a emoción impediulle articular un discurso coherente sen poder controlar as bágoas que brotaron dos seus ollos como regueiros despois dunha forte tormenta. Como un lóstrego que o trasladou á infancia, evocou ó admirado mestre que fora o seu avó, maxistral en todas as áreas do coñecemento, perseguido e encadeado polo réxime franquista. Sempre foi o referente máis relevante da familia Sueiro. Pero o prestixio profesional e social non impediu o tormento dos derradeiros anos da sua vida. Inmóbil na butaca onde soportaba o lento transcorrer das horas agardando a chegada da Parca, mentres era atendido cariñosamente pola sua compañeira Carmen e a súa cuñada Julia. O raparigo (que comenzaba a cumprir o primeiros dez anos) observaba de esguello o sufrimento que se manifestaba na tristura da faciana. Sempre tiña nos ollos rastro de bágoas que nalgún momento, cando estaba só, serenaban o seu ánimo. Dende aquel intre, o Vello Milenario non impediu que as bágoas foran a consecuencia de amosar o seu estado de ánimo.
Aquel mesmo día, na soidade do seu dormitorio, lembrou a humanidade do único líder galego que tiña un proxecto político viable dentro do nacionalismo moderado e centrista. Persoa emprendedora e moi respectada no ámbito político, empresarial, económico e financieiro. No ano 1984 sufriu un derrame cerebral que deteriorou a súa saúde impedíndolle desenvolver as actividades que realizaba, obrigado a delegar noutros políticos que non comprenderon a gran importancia que para Galicia tiña o seu proxecto.
No ano 1987, os dous colexios de Xinzo de Limia participaron nun concurso patrocinado pola Caixa Rural, consistente en reproducir un ambiente rural de finais do século XIX. Ámbolos dous colexios acadaron o primeiro premio pola calidade do traballo realizado, grazas a dedicación dos profesores, dos país/nais e dos alumnos. O director de Caixa Rural, amigo íntimo e fiel colaborador de Eulogio Gomez Franqueira, solicitou ao Vello Milenario, director daquelas do colexio Rosalia de Castro, que lle facilitara una visita íntima que lle permitira desfrutar da exposición sen que se alterara o estado anímico do enfermo. Este chegou unha tarde cando no colexio soamente estaban a espera o director e o conserxe do centro. O líder político e empresarial viña acompañado somentes do seu amigo Antonio Sánchez. Obrigado polo mal que o incapacitaba na fala e limitaba os seus movementos, limitouse a visitar parte da exposición, rematando nunha sala onde se representaba unha corte cos aparellos usados na agricultura cando aínda era moi novo. Nese intre intentou verbalizar os seus sentimentos, pero a emoción non llo permitiu, e o home que se enfrentou vitorioso á banda criminal ETA, non puido evitar derramar unhas bágoas que empaparon o pano que axilmente lle entregou o seu amigo Antonio Sánchez. Os poucos meses da visita, o mestre, o empresario, o político morría na intimidade familiar pasando a ocupar un lugar importante da historia de Galicia.
Eulogio Gomez Franqueira, Manuel Sueiro e o Vello Milenario sabían que os homes que choran danlle liberdade ós seus sentimentos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
AL MENOS UN HERIDO
Una colisión entre dos coches provoca retenciones en Rabo de Galo, Ourense
CÚMULO DE LESIONES
Totó, el pulmón del Allariz
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior