Román Pedreira Jordedo
DIARIO LEGAL
¿Puede un copropietario al 50 % solicitar el desahucio por impago pese a la oposición del otro?
Bailabas co acompasado ritmo do mar, coa pulsión dun corazón vivo e alegre, guerreiro e libertador, xusto e acendido, coa serenidade e firmeza da marea na praia dun tempo eterno. Envolvíate a brisa cun brillo de sereas mentres ondeaba a barca de pedra que será catedral. Apretábasme a man coa mesma dozura e arte coa que cincelas palabras, signos, símbolos, segredos, no Libro dos Enigmas. Emblema e faro, criptografía desta Terra que codificas e descifras cal druída. Sempre é tempo de cantar aínda que chova...!Os amigos saben agardar coa porta aberta. Buscamos o ventre da música para renacer, coma se fora unha nai...
Xiramos nun baile que percorre idades, infancias e loitos, novela, dramas e emoción. Somos planetas na rotación deste cósmico arredor, lar de universos. Un vibrar, un latexo, un campo de estrelas cintileantes. O teu sorrir cristalino, a túa mirada que irradia nobreza, marcan o compás desta danza ancestral. Estamos bailando no Alén porque aínda non nacemos. Un día non moi lonxano, seremos verso, mestre! E alí eu serei aprendiz e ti xa sabio, e espertaranos o son dunha cantiga nas voces dos bardos, baixo a sombra que xoga coa luz agarimosa e sacra do carballo de Padroso. Ti soñabas que falabas con el.
Despois, cando remate a festa, escribiremos os nosos nomes sobre a auga da pía e a moura encantada entregaranos as chaves da Arca Vella que dorme naquela nosa Illa Asolagada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ORGANIZA LAS ASIGNATURAS
El rués Isaac García Novoa crea una app para saber con qué nota aprobar
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
J. Santa Marina, tabaco, azucre e un tren
SEGUNDA FEDERACIÓN
Buen punto del Ourense CF ante el Bergantiños (1-1)
PRESUPUESTO DE 400.000 EUROS
A Veiga mejora los servicios destinados a emprendedores