Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El candidato socialista
O mundo de sempre foi complicado, tamén por causa da política. Permítanme un chisco de historia.
O Mediterráneo foi noutrora un espazo de confluencia e contacto grazas ás expansións grega, romana, española, francesa, otomana, xudía, aragonesa… Pero xa non o é. Hoxe é fronteira. En Alghero, en Cerdeña, poucos falan catalán hoxe. Con Kavafis ou Demis Roussos, lembramos que a hoxe exipcia Alexandría, foi de cultura grega, ata medidados do s. XX. Con Onassis, lembramos, aos gregos de Esmirna, hoxe en Turquia, expulsados. Si. O tratado de Lausana de 1923 ratificou o “intercambio” entre gregos e turcos. 1,3 millóns de gregos deixaron Turquía -onde levaban milleiros de anos- e 350 mil turcos saíron de Grecia. Por certo que por este pacto o noruegués Fridtjof Nansen levou o premio Nóbel. Con Albert Camus, con Althusser, con Bernard Henry-Levy, lembramos esa secular Alxeria francesa, ata inicios dos 1960, onde estaban tamén a hispana Orán e Mazalquivir (1505-1792) antes de que lla vendese España ao imperio otomano despois do terremoto de 1790. E tiveron praza de touros ata 1960.
Nos imperios as fidelidades persoais están por riba das identidades, por iso eran moi plurais. No autrohúngaro convivían 11 nacionalidades recoñecidas e outra media ducia pequenas. No mundo Otomano, máis de vinte: musulmáns -turcos, árabes, kurdos, albaneses, bosnios, chechenos, tártaros…- cristiáns, -gregos, armenios, asirios, caldeos, latinos, maronitas, xeorxianos…-, xudeus, -sefarditas, romaniotas, de medio oriente-, etc. Todas con cadansúa autonomía organizativa. Pero desde a desaparición dos imperios, os estados herdeiros con intención de representar colectivos homoxéneos, expulsaron con violencia ás minorías e houbo grandes movementos de poboación. O tratado de Lausana de 1923 ratificou o “intercambio” entre gregos e turcos. 1,3 millóns de gregos saíron de Turquía -onde levaban milleiros de anos- e 350 mil turcos deixaron Grecia. Por certo que por esta “solución final” o explorador polar noruegués Fridtjof Nansen levou o premio nóbel.
Creo que Ceuta é a máis española das cidades do país, pois optou por quedar en España, en 1640, cando foi a recuperación da independencia de Portugal, a quen pertencía desde 1415
En África, a presenza española é tan histórica como problemática. Obviamente, Ceuta e Melilla son hispanas por cultura desde moi antigo. É máis, creo que Ceuta é a máis española das cidades do país, pois optou por quedar en España, en 1640, cando foi a recuperación da independencia de Portugal, a quen pertencía desde 1415. Cero dúbidas. Precisamente, o asentamento de cidadáns que foran a pelexar á guerra de Ceuta para a coroa portuguesa, formando un arrabalde marxinal de Baiona, que levou o nome popular de Cepta que hoxe só se mantén na Fonte de Zeta. Nomes pexorativos, por sorte case desaparecidos, eran tamén os dos barrios de “casas baratas”, tipo “Corea” -Coruña, Vigo, Sanxenxo, Baiona-, “Katanga” (Coruña) ou “Wichita” no caso de Ourense, por unha película de traducida aquí como “Wichita, ciudad infernal”.
En calquera caso, a perda de peso internacional de España, a perda de poder de disuasión das forzas do estado -o asalto destes días é tomar, con razón, polo pito do sereno ao país- sumado á intelixente, pousada e progresiva política de alianzas marroquí- creo que debe levar á promoción dunha reflexión serena no seo da sociedade, entre outras cousas, sobre esas prazas de soberanía españolas, á luz da evolución da historia e da xeografía cultural e política mundial. Non falo de abandono, pero si de reflexión, estratexias e método e acordos.
As guerras de África (Tetuán, 1859-60; Margallo, 1893-94; Melilla, co Barranco del Lobo, 1909; Rif, 1911-1927, co Desastre de Annual en 1921; Sidi Ifni, 1958-59), os abandonos de Sidi Ifni e o caótico de Guinea, 1968-9, o abandono do Sáhara ante a “Marcha Verde”, 1975, foron tristes episodios da nosa historia. Que non haxa máis. Sangue, cero.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El candidato socialista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Dolmens na heráldica de Muíños: o orgullo do seu patrimonio arqueolóxico
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Para Fiz
Afonso Vázquez-Monxardín
Reconstruír o relato galeguista
Lo último
PRIMERA FEMENINA
El Ontime, una tarde con poco premio (1-2)
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy viernes, 24 de octubre