Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
No hay lealtad en el cambio
DIARIOS DO PASADO
O próximo mércores producirase un eclipse solar total. O fenómeno está a levantar unha gran expectación porque o último visible na Península Ibérica tivo lugar o 3 de outubro de 2005, se ben foi anular, non total. Durará 2 min e 18 s, que poderemos desfrutar coa protección ocular axeitada.
A historia deixou constancia de varios eclipses acreditados por fontes escritas. Centrándonos en Occidente e Próximo Oriente e nos acaecidos antes da nosa era, xa que hai datos para lugares afastados e tempos máis recentes, citamos os seguintes, todos en anos a. C.: cinco no territorio da antiga Grecia entre o 424 e o 448, o de 585 en Asia Menor, o de 763 en Mesopotamia, o de 1192 en Exipto, Chipre, Turquía e Libia, 1178 no norte de Africa, 1289 en Canaán, 1375 de Ugarit e o máis antigo de todos os coñecidos a nivel mundial: 3340 no megálito coñecido como “cairn L” de Loughcrew. Vaiamos con este último. O Condado de Meath, en Irlanda, conserva unha importante necrópole megalítica, a de Loughcrew. Os cumios da cordilleira, coñecidos como montaña de Caileach, a deusa-meiga que lembra ás nosas mouras, acollen unha importante necrópole dolménica de máis de vinte monumentos, entre os que se inclúe o nomeado “L”. Unha das lousas ostenta un gravado cuxa composición se interpreta como a primeira representación dun eclipse, que algúns investigadores dan como tal. En efecto, o arqueoastrónomo P. Griffin en 1999 vía na composición da escena unha moi probable representación dun eclipse solar. O motivo central era para el un corpo celeste cruzándose, ocultando a outro.
Se a representación de Loughcrew fora un eclipse como apuntan algúns investigadores, estariamos ante a máis antiga imaxe dun fenómeno deste tipo na historia
Anos despois Kith C. Rhodes, concretamente en 2021, publicaba o estudo “The Spring Full Moon Crossover with the Sun: An Alignment Evaluation of Loughcrew Tomb L in the Neolithic Skyscape”, “A coincidencia da lúa chea de primavera co sol: una avaliación da aliñación da tumba L de Loughcrew na paisaxe celeste neolítica”. Rhodes é un fotógrafo especializado en fotografía astronómica cun interese especial nas orientacións estelares megalíticas. Unha vez que rexistrou a evolución da lúa chea primaveral no horizonte de Loughcrew, afirma que “Se as dúas imaxes centrais representan efectivamente tanto o Sol como a Lúa, iso indica que a tumba está asociada con ambos obxectos astronómicos. O autor -P. Griffin- propón que as representacións do Sol e a Lúa poderían interpretarse igualmente como o evento de cruzamento -da lúa co sol- obxecto de estudo aquí presentado” e que “...tanto o Sol como a Lúa poden considerarse elementos importantes en relación coa Tumba L”·
Como ven, non desbota o fenómeno do eclipse que, segundo cálculos astronómicos actuais, ocorreu nun momento -30 de novembro de 3340 a. C.- que perfectamente coincidiu coa utilización do megálito, sen entrar en contradicións coa data na que se produciu o dito eclipse. Outro asunto diferente é a interpretación do gravado como tal, que dificilmente poderá demostrarse con absoluta certeza. Máis que nada porque, como lles contaba noutra ocasión, as interpretacións actuais deste tipo de representacións soen ter barreiras infranqueables, sobre todo porque descoñecemos os códigos, as claves que guiaron a elaboración desas escenas.
En todo caso, se a representación de Loughcrew fora un eclipse como apuntan algúns investigadores, estariamos ante a máis antiga imaxe dun fenómeno deste tipo na historia. Ademais, nun monumento megalítico europeo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Para el arreglo integral
Oporto, el modelo a seguir para recuperar el casco histórico de Ourense
Falta de planes claros
El Casco Vello tiene 631 edificios en mal estado, y solo 6 en rehabilitación
NUEVA PLATAFORMA EN LA DIÁSPORA
La emigración constituye en Argentina una nueva plataforma ciudadana para defender sus derechos