A Alameda ou Horta do Concello

TRIBUNA

Publicado: 08 ago 2026 - 05:40
Foto de Pacheco da Alameda ou Horta do Concello en 1898.
Foto de Pacheco da Alameda ou Horta do Concello en 1898.

A orixe de Ourense xerouse no contorno da praza Maior e as Burgas. A el, durante séculos, só se podía chegar a pé ou a cabalo. Na Restauración do século XIX, a modernidade expandiuse dende a súa fachada norte, abrindo novas rúas cara ao río Miño e a construcción da estrada de Villacastin as Vigo no trienio 1860-63, que vai desde o Posio ata a Ponte Romana, converténdose, logo, na rúa do Progreso que dividiu en dúas partes a Alameda.

A Alameda, históricamente, recibiu múltiples denominacións: Alameda, Horta do Concello, nome debido a que nela celebrábanse asembleas de veciños, xardíns Bispo Carrascosa, Campo das Oliveiras, xardinillos, praza de Concepción Arenal,

O arquiteto Daniel Vázquez–Gulías foi esencial no desenvolvemento urbano de Ourense. En 1903, proxectou a ordenación e urbanización da «Horta do Concello» a ambos lados da estrada de Villacastin a Vigo, considerada estratéxica para a cidade dado que serviría como nexo de unión entre o núcleo antigo da urbe e a parte que se extendeu cara ao río Miño, como elemento esencial do ensanche natural da cidade cara ao Norte. O proxecto consérvase no Arquivo municipal de Ourense no legaxo 12/expediente número 137. María Victoria Carballo-Calero no seu libro «A transformación dunha cidade Ourense (1880-1936)» inseriuno dentro de «feito urbano» ao ser referente que influiu na morfoloxia da cidade.

A Alameda posúe un atrativo especial apesar da diversidade construtiva:

Na fachada norte da Alameda, sobre un outeiro con viñas, na que tamen se vendía leña e herba construiuse a ampliación do Seminário Conciliar de San Fernando promovida polo seu rector Blas Manuel Troncoso Ferreira. Sendo autor do proxecto o arquitecto José Antonio Queralt Rauret que o asinou o 20 de outubro de 1888. O bispo Carrascosa instalou alí o Pazo a comezos do século XX. Este tén fachadas á rúa do Progreso, 26 e á praza Bispo Cesáreo.

A fachada sur, na beirarrúa onde estaba o «Hotel Barcelona» e o Orfeón, caía nun prominente precipicio cara as Burgas

A fachada leste ocúpaa o pazo plateresco dos Oca-Valladares, sede do Liceo que posuía un xardín con arbores no que resaltaba un enorme cuprés; o xardin ía pechado por unha verxa. As casas da súa dereita eran coñecidas polas do Montón; ali atopábanse o ferrador Nuñez; a derradeira porta da dereita, xa vella e carcomida, era dos xardíns de Romero con laranxais. No alto do seu faiado semella que habia unha cruz pero era unha pomba de madeira como cimbel de seu pombar sito no mesmo faiado.

A fachada sur, na beirarrúa onde estaba o «Hotel Barcelona» e o Orfeón, caía nun prominente precipicio cara as Burgas, con pequenas casas; entre elas estaban: a pousada das Xudías, irmás de don Juán da Coba; a barbería do tío Victor, casado coa froitera chamada Rosa, que afeitaba aos seus clientes meténdolles na boca un coio para facilitar a tarefa e, na esquina, a fonda de Santiago o ferrador. Esta fachada acollía as administracións e as paradas dos coches de línea de Carballino, Trives, Celanova e Verín. Isto déballe a esta zona unha constante animación.

Esta fachada era a rúa Pereira, hoxe en día avenida de Pontevedra. No ano 1898 aprobouse o proxecto da instalación da rede telefónica da cidade, habéndose solicitado o tendido a comezos de 1907; inaugurouse en 1914. O edificio central ía situado no 17. Esta foi unha desas grandes melloras urbanas da cidade. Para executarse a obra expropiáronse os edificios da rúa, números 9, 11, 13 e 15 e fixéronse novas aliñacións

Ourense era una cidade moi sociable, posuidora de faladoiros literarios de alto nivel que se reunían nas sociedades, nos cafés, mesmo nos cafés cantantes onde tamén existían actuacións musicais acompañadas de famosas cupletistas e bailarinas; nalgunhas ocasións xurdían as protestas máis acendidas da igrexa e da prensa conservadora. Entros cafés mais sonados estaban: o «Méndez Nuñez», o «Victoria», a «Unión», o «Iberia», o «Regio» (chamado tamen «Riego») e o «Moderno».

Estatua de Concepción Arenal. 1925.
Estatua de Concepción Arenal. 1925.

O chan pracego o formaban coios cuns filetes de empedrado. Ía cheo de gruñeiros e olivos. O centro ocupábao a estatua de bronce de Concepción Arenal esculpida por Aniceto Marinas que se erguia sobre un pedestal de granito e mármore deseñado polo pintor Ramón Parada Justel. No ano 1893, os avogados Vicente Nondedeu e Alberto García Ferreiro promoveron á súa construción, por subscrición popular. O xornal «El Derecho» publicou un número extraordinario o 25 de febreiro. Colocada en 1897, permaneceu neste emprazamiento ata o seu indecente e inxusto traslado, o 5 de febreiro de 1969 á praza de Don Bosco, momento no que perdeu o artístico pedestal primitivo. O Concello de Ourense, o 27 de agosto de 1856, acordou colocar unha das fontes do mosteiro de Oseira na praza Maior, trasladáronna, anos despois, ao xardin do Posío e, finalmente, substituiu á estatua de Concepción Arenal.

Tamen existía un pilón de ladrillo vermello separado das beirarrúas do Progreso cuns postes con cadeas. No centro, un pitorro botaba a agua cara arriba.

A Alameda de Abaixo era mais pequena que hoxe en día; non chegaba ao fondo actual, só ata a metade. A partir do ano 1842, o Concello acondicionou a Alameda, próxima ao Hospital de San Roque amoreando refugallos e detritos verquidos durante anos sobre a pendente que baixaba cara ao Barbaña. Popularmente denomináronno «a barronca». Construiuse sobre unha horta do marqués de Leis.

Vázquez-Gulías proxectou a urbanización da Alameda centrada, eminentemente, no palco da música como aportación fundamental do século XIX á arquitectura do xardín, colocado na parte occidental do paseo central no que o ferro ten un papel esencial. O palco é octogonal foi colocado sobre un zócalo con cuberta a xeito de tornavoz deseñado para recoller, dirixir e proxectar o son. Posúe uns muros de pedra con forxado de formigón e pequenas fendas; ten unha escaleira, de pedra e, interiormente, vai revestido de madeira por razóns acústicas. Acaba cunha lira –como remate do fin da construcción– e posúe iluminación nouturna. O ferro foi fundido en Malingre. Merecen ser destacadas a balaustrada e as farolas realizadas na fábrica de fundición de Malingre. Vázquez-Gulias, no proxecto, inseriu debuxos, croquis e estudos preparatorios para construir cafés, templete e, quioscos.

Os primeiros festexos tradicionais celebráronse na Alaneda en honra de San Roque, cada dezaseis de agosto desde a segunda metade do século XIX

Ático Noguerol, nun dos seus famosos debuxos e escritos recordounos que antes do palco actual de música, o vello estaba montado sobre caballetes, era de madeira, ía pintado de vermello e tiña dúas entradas opostas, o colocaban no mesmo lugar onde está hoxe o actual e se retiraba en inverno,

José Somoza Medina, no seu libro «Historia de Ourense» informounos que o elemento popular da cidade facíase notar os días de feira, cando as pulpeiras instalaban como é a celebración das feiras e nas festas tradicionais como as do Corpus, os Maios, Entroidos, Magostos, San Lázaro, os Remedios, ou San Roque na Alameda do Concello provocando as protestas das clases adiñeiradas pois cortaban o paseo da burguesía.

Os primeiros festexos tradicionais celebráronse na Alaneda en honra de San Roque, cada dezaseis de agosto desde a segunda metade do século XIX, polo voto que fixo o Concello capitalino despois dunha pandemia de peste causando na cidade gran perda de vidas. Engalanábase a Alameda iluminando a súa fachada con infindade de vasiños e lampariñas de oliva e con farois de papel de moitas cores. Seguíronlle as do Corpus, os Maios, Entroidos, Magostos, …

Dende hai anos, a Alameda ou Horta do Concello está ocupada polos postos da praza de abastos para realizar obras reforma da praza veciña. Os prazos de execución da mesma incúmplíronse reiteradamente pola entidade local responsable. Esperamos, mais axiña que tarde, poder recuperar a mesma, para a cidade.

Contenido patrocinado

stats