Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Los mil ríos secos
Quenta pero non queima. Ou si. É igual; a min nada me mete medo. Así é que collo o libro, plántome na estrada que vai de Baños de Molgas a Os Milagres, e empezo coa lectura; andando. Baixo un sol de xustiza. É igual. Asento unha gorra na cabeza, quítome de camisa e emprendo o camiño. Un paso detrás de outro. Amodiño, devagar; porque vou lendo. Sen música. Para concentrarme ben. Aínda que, por veces, o pensamento vaise polos cerros de Úbeda. Claro que, de cando en vez, eu mesmo me digo que é bo deixar que a mente se espalle ás veces, que se esparexa. No alto da Pitediña noto a música celestial do correr das augas do río Arnoia e o ruxerruxe da presa da Porfía. Amoso un leve sorriso porque me estou desviando da lectura, da concentración. Na ponte das Cabras ou ponte do Medo asomo á varanda da esquerda para divisar algunha troita; e nada de nada. Xa hai moitos anos que non hai as que había. Unha pena. Ver a súa elegancia nas augas era algo que me fascinaba. Cando chego á altura de Detrás das Poulas xa sei que a lectura non vai como debería; os pensamentos xa pasaron moito máis alá de Úbeda. Porque hai pensamentos ou sentimentos que xa non te deixan nunca. Non obstante, sigo pasando as páxinas por se pillo o ritmo outra vez. Vai ser que non. Así é que pecho o libro e deixo xa que os recordos afloren ou manen a cachón mentres subo polo monte Medo. Chego a Os Milagres, sento na explanada do santuario e contemplo este ó mesmo tempo que os sentimentos se expanden, se estenden polo recinto enteiro. Miro ó ceo e deixo que me envolva o silencio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Los mil ríos secos
Sonia Torre
MI PLAN PERFECTO
Días en el pantano
Francisco Lorenzo Amil
TRIBUNA
San Martín, nacionalidad hispano-argentina
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Absentismo
Lo último
MIGRANTES EN CEUTA
Ningún menor migrante fue enviado aún a la Península
PEOR ACCIDENTE DEL SIGLO XXI
El caso del Villa de Pitanxo, a punto de iniciar su juicio