Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
¡BUONE VISIONI!
Hai un par de venres, con motivo da estrea de Una batalla tras otra escribía sobre o sorprendente que é o cineasta Paul Thomas Anderson. Darren Aronofsky é outro cineasta imprevisible. Un director que se balancea entre o cine indie e as grandes producións. Na súa filmografía atopamos a filmes crus e dramáticos como Réquiem por un sueño (2000), El luchador (2008) ou La ballena (2022) que conviven coa bíblica Noé (2014), a explosiva e metafórica ¡Madre! (2017) ou a historia de terror de Cisne negro (2010). Se hai algo que une a todas estas películas é que a maioría está protagonizada por personaxes inquietos, cun forte drama interior. Neste novo filme, Bala perdida, recentemente chegado á pantalla grande, Aronofsky sorprende aos espectadores cunha comedia negra pero sempre cuns protagonistas marcados polo drama. O personaxe atormentado esta vez chámase Hank Thompson (Austin Butler), un ex fenómeno do béisbol que non puido seguir xogando despois dun tráxico accidente de coche, así que traballa como camareiro nun pub de Nova York apoiado pola súa noiva (Zoë Kravitz). Cando o seu veciño punki Russ (Matt Smith) pídelle que coide do seu gato durante uns días, Hank atópase no medio dun variado e bizarro grupo de gángsters ameazantes, completamente atrapado e sen saber exactamente o que queren del…
É unha película discreta, en gran parte disfrutable sobre todo para os amantes das comedias de acción
Ambientado nos anos noventa, o filme é unha especie de versión estendida de ¡Jo, qué noche! de Martin Scorsese. Como no filme de Scorsese, o protagonista está obrigado a vivir toda unha serie de circunstancias absurdas e de xiros inesperados mentres intenta manterse vivo. Aronofsky móvese con destreza nas vísceras da neworkinas, regalándonos momentos furiosos, adrenalinicos e incluso de tenrura. A fotografía de Matthew Libatique acentúa os tons fríos dunha Nova York en mutación, onde aínda existían as Torres Xemelgas e as luces de neon do célebre Kim’s Video.
A reactualización de Aronofsky de ¡Jo, qué noche! tamén pasa pola violencia, acompañada por algún exceso, aínda sen parecerse a unha película de Tarantino. Pero o maior logro do filme, ademais de crear un contesto moi realista, é facernos empatizar co protagonista e a súa parella, desde o principio. Arredor del gravitan uns personaxes estrafalarios: o mafioso puertorriqueño interpretado por Bad Bunny ou os temidos asasinos xudeus jasídicos encarnados por Liev Schrieber e Vincent D’Onofrio, e Laura Dern que fai un cameo cara ao final da cinta.
Bala perdida non deixa de ser un ‘divertimento’ de Aronofsky. É unha película discreta, en gran parte disfrutable sobre todo para os amantes das comedias de acción. É un filme moi distante do anterior, La ballena, que deixou atrás a carga emocional e tráxica enorme. Quizais, tamén por iso, o cineasta sentiu a necesidade de traballar en algo máis ‘lixeiro’.
A Universidade de Vigo, co apoio da Deputación de Pontevedra e do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, e coa colaboración da produtora Noveolas, inaugurou a semana pasada a segunda edición do ciclo “A lingua galega no cinema”. O próximo mércores 15 de outubro ás 19 horas, no Auditorio do Edificio Cambón (rúa Oliva, 3) do casco vello de Vigo, proxectarase a segunda película do ciclo: ‘Antes de nós’ de Ángeles Huerta. Estará presente da actriz Cristina Iglesias. A entrada será de balde.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Navidad o la fragilidad de Dios
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Parricidio en El Palmar
Mariluz Villar
MUJERES
Hablar con Sophia
Lo último
HISTORIA DE SUPERACIÓN
De estar 15 años en prisión a ser el pastor de su propia iglesia en la calle Greco
TERCERA FEDERACIÓN
Arranca la era del técnico Agustín Ruiz en el Barco
Crisis en Barbadás
El PP barbadés se queda por ahora en la oposición
ÚLTIMO TRIMESTRE DE 2025
Foro La Región, referente del debate político, territorial y emprendedor