Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El banquito de piedra que aún queda en el jardín
ARTE ET ALIA
Fai uns días que o escultor de Ganceiros/Lobios, Toño Monteiro, inaugurou no alto do Vieiro, Bande, a súa escultura Porta do Xurés. Eis unha monumental estrutura metálica de aceiro corten realizada a escala e, dende a maqueta, a empresa Gadeca cortou as pezas no polígono industrial de san Cibrao das Viñas, para montarse no cumio do Vieiro, a carón da estrada, en colaboración co concello e a comunidade de montes veciñais en man común Monte Grande II. O resultado, unha acaída intervención desta ancha porta aberta, rectangular e asimétrica, cun camiño de acceso de lousas irregulares. A rechamante instalación eríxese como un altofalante para toda a comarca na divisoria de augas entre as cuncas do Limia e Miño. A obra pretende ser o primeiro duns fitos viarios de Monteiro cos que quere facer un «anel de arte e natureza». Son símbolos monumentais que máis que pechar enmarcan -quen lle pode por portas a este mar?-, e circunvalarían o val, colocados en escollidos lugares de Lobeira, Entrimo, Lobios, Muíños e Calvos de Randín. Semella ese círculo de poder do exterior dalgunhas igrexas, ou as de consagración no interior das catedrais, como Ourense e Santiago, ou Braga, que estas terras son unha, malia a invisible raia entre o Xurés galego e o Gêres da veciña república portuguesa, parque natural aquí nomeado da Peneda-Gêres. Esta é a reformulación dun antigo proxecto seu, o Bosque Máxico, unha visión tinguida de devoción polas terras do seu territorio-berce, para el un dos últimos santuarios naturais de la humanidade, cheo no cultural de monumentos sobranceiros da historia, e tamén da prehistoria. Así co apoio da alcaldesa Sandra Quintas, quen valoriza o patrimonio cultural como estratexia municipal baseada no turismo sostible, e a promoción do parque natural, acción que se enmarca na recuperación da casa reitoral de santa Comba co aporte económico das consellerías de cultura e turismo da Xunta, que terá contido multidisciplinar a carón da igrexa visigótica, Monumento Nacional dende 1921.
A pouca distancia dela, nunha cota inferior, pasaba a Vía Nova romana, que dende Braga até Astorga atravesaba por aquí o río Limia por unha ponte hoxe cuberta polas augas embalsadas do encoro das Cunchas, está o sobranceiro campamento romano de Aquis Querquennis, en Porto Quintela, parroquia de santa Comba. Preto, a zona dos baños termais e a casa da fundación, co museo e centro de interpretación Aquae Querquennae Vía Nova. Desta volta, co gallo de cumprirse os cincuenta anos do inicio das escavacións sistemáticas iniciadas por Florentino López-Cuevillas naquel lugar coñecido como a Cidade, e no que as sucesivas campañas conseguiron emerxer a súa estrutura, fixo Mon Devane, relevante artista ourensán de arte mural, unha magnífica obra alusiva á presenza das tropas imperiais de Roma nestas terras. Nunha medianeira da travesía da OU-540, a carón dun aparcadoiro, pintou coa súa coñecida paleta de cores monocromática de turquesas en spray as pernas dun lexionario, coas súas caligae regramentarias e a lanza entre os pés, ao xeito do s. Jorge de Donatello, sobranceira definición plástica e histórica.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El banquito de piedra que aún queda en el jardín
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La ciudad desde arriba
Francisco Lorenzo Amil
TRIBUNA
Valle-Inclán en la “Atenas de Galicia”
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Todos los ojos puestos en Netanyahu
Lo último