Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Te recuerdo Viana
A Bieito Ledo foille concedido o premio Celanova Casa dos Poetas, quizais por gustarlle enredar co dicionario e coa gramática e saber diferenciar entre “falar e dicir”, quizais por ter saboreado da boca dos seus antepasados as cadencias e sons melosos desta nosa fala ou por sachar na terra da filosofía coa mesma profundidade coa que gavea nas leiras do seu Padroso, pobo que o aclamou como fillo predilecto.
Deambula no Círculo ourensán-vigués, onde tamén se lle considera “vigués distinguido”. Alí xúntase con outros ilustres da terra da chispa, como Xesús Alonso Montero, o fistor que lle canta entusiasmado á súa Ventosela, e Antón Pulido, que imaxina trazos e cores de morriña e emoción, e marca o compás entoando os graves, neste trío maxistral que adornan onde están e namoran falando de Galicia.
-Entre “cavilacións” e “aconteceres” hai que “ir indo” -diranos mentres corta un cacho de empanada para os amigos naquel solpor-.
O seu “reloxo” detivo o tempo na casiña de seus pais, ós que ve subir e baixar as escaleiras e falarlle das cousa de antes. O pai está pedíndolle un vaso de viño “para mollar a palabra”. A palabra de Bieito sabe a saber, a latinismos e raíces cultas que se lle escapan entre frases coloquiais, proverbios, refráns ou contos populares bautizados con ese humor tan galaico, tan noso. Como bo anfitrión sabe acoller e escoitar, aconsellar e esperanzar. Como druida sabe facernos pensar, e poñernos na fina liña que sacode a verdade, a existencia e as lembranzas.
Naquel convivio que compartimos cinco amigos ó redor da súa táboa antiga, falamos do divino e o humano e escoitamos ó mestre de cerimonias nas súas reflexións. Sabedor de que todo dura pouco, escolleu a árbore que tén ó pé da fonte, en terreo paterno, para celebrar cada ano a Festa da Palabra. O carballo de Padroso é o patriarca; a ara, unha pedra, e o templo, a fraga. Rezamos ó falar, ó bailar e ó cantar, honrando a todos aqueles que nos regan a raíz para non secar. A todos os que non deixan que murche o legado. Honra e gloria dos pobos. A todos eses seres lavados na auga pura, esencial na vida e símbolo do eterno.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Te recuerdo Viana
¡BUONE VISIONI!
“He-man y los Masters del universo”
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Al sanchismo no le puede ir peor
Chicho Outeiriño
La despersonalización de las barriadas (I)
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
SUBSTITUYE A ENRIQUE ÁLVAREZ
La Alcaldía de Vilamartín ya la ocupa Sherezade Núñez
CRUCE DE DECLARACIONES
Giorgia Meloni lanza un mensaje a Donald Trump: “Ni yo ni Italia suplicamos jamás”