Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
El ruido
Sabía que ó día seguinte, nos medios de comunicación, sairían aqueles detalles e aqueles premios máis importantes, polo que así me aforraba a típica canseira de oír parvadas. Ademais, intuía que moitos dos discursos ían ter un único receptor: o "espléndido" señor ministro de cultura ("La cagaste, Wert Lancaster") que fuxiu co rabo entre as pernas para non recibir as paus que lle ían caer. Señor, Wert, a ver se nos decatamos de que, no seu posto, na súa profesión hai que andar ás duras e ás maduras.
O que tamén seica deixou a gala foi a súa defensa a morte do cine español. Normal; estamos no noso país e era sobre o cine do noso país. Emporiso, ante isto, non hai volta de folla: que será criticado unha e outra vez porque seica é malo, seica só saber versar sobre dous ou tres temas (a Guerra Civil, a putería e algunha comedia escatolóxica), seica non acabamos de deixar a ladaíña de "puff, unha españolada". A ver se me explico; no cine pasa como na política ou no fútbol, que non hai forma de esquecer o bipartidismo. No cine, ou ianqui ou español. Claro, o ianqui fai e "impón" miles de películas que, á larga, arrecunchan, acurralan a calquera cinematografía (se exceptuamos un chisco a francesa, porque en Francia si miran polo deles). Pero, a máis películas, tamén máis trapalladas. Cantas películas boas saen ó ano en Estados Unidos? Seis? Sete? Pouco máis. E en España? Tres? Catro?. Pois, en proporción, resulta que aínda se fan mellores películas no noso país que allende los mares. É o noso subconsciente o que nos afasta do noso cine... puff, unha españolada. Só queremos ver o Real Madrid-Barcelona, pero este luns pasado contemplando o Celta-Bilbao resulta que vin o mellor partido de liga desta temporada, polo menos o primeiro tempo. Cantos viron este partido ese día?... puff, un Celta-Bilbao. Non é a primeira vez que o digo, nin será a última: que se hai medios faise bo cine en calquera país do mundo. Aquí é onde está a gran diferenza.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
El ruido
Román Arias Fraiz
DIARIO LEGAL
Consecuencias da difusión de contidos sensibles
Xabier Limia de Gardón
ARTE ET ALIA
A paisaxe, expresión de identidade e memoria
Miguel Abad Vila
TRIBUNA
Cosmetotextilería
Lo último
FRENTE A LAS 5.269 DE 2024
Gráfico | Los divorcios y separaciones descienden en Galicia un 13,2%, con 4.573 en 2025