Itxu Díaz
CRÓNICAS DE PRIMAVERA
Hay gente que solo sabe vivir molestando
Trátase de Quintana Martelo. Arriba e abaixo, no Centro Cultural, a súa obra se entende, luminosa, nas dúas salas de exposición, ofrecendo nos dous campos visuais a súa percepción. Con un afán de complementariedade non buscada, pois as obras foron xurdindo no tempo dende motivacións e inquedanzas distintas, afinada sempre, dende a súa mirada, os cadros, debuxos e esculturas. No seu estudo de Teo, ao lado de Santiago, pintou e ralizou as que colocou na da planta baixa, elaborándoas por varios anos; e as do primeiro andar, máis recentes, fíxoas en Madrid, o seu novo taller. Quintana e Martelo, maís todo elo non é máis que un camiño pois un, Manuel, é o mestre. Todo conduce a todo, pola canle segreda do ser, cordón umbilical da esencia creadora plástica. É tamén da coherencia da vida.
O artista que chega ata nós por vez primeira é todo un veterano no mundo da arte, logo de ter levado a súa obra a Barcelona en 1970, onde estudou; Tarragona, Reus, Vigo, A Coruña, Pontevedra e a Compostela, terra na que naceu (Roxos, 1946). Madrid, París, Porto, Panamá e Suiza, e tamén La Habana e Nova York. Nesta gran urbe viviu tempadas, logo do seu paso pola docencia do Instituto no Xelmírez, decisión trascendente, fuxida persoal que o centra dende a introspección gañando a arte, e o noso país, un creador apaixonado. Dende o Expresionismo á Abstracción, gusta o artista de Rembrandt, e Lucien Freud, Bacon e Duchamp. Máis é o realismo táctil á súa moda, ou xeito, o que engaiola a todos. En 2007, con sesenta cumpridos, un alto no camiño, con unha dobre exposición en Compostela, a retrospectiva de trinta anos e "Memoria", coa que tomar impulso. Pasado e presente, como escribe Fernández Cid no magnífico texto do espléndido catálogo . Aparece así unha escultura sui xéneris, na que todo, pedestal de madeira e peza broncínea conforman un todo: eis a procura da terceira dimensión. A estratexia de suscitar dous planos, que comezan sendo ángulos (Fron Schindler"s list, que coloca no frontispicio de xeito significativo) transfórmase nas obras-díptico, plasmando nun deles o concreto, como nos pratos de atelier, que repite con teimuda parsimonia e placer. O Outro é mais libre. Nel achégase ao abstracto ou informal.
Na planta superior QM reivindícase como un pintor novel cos seus "Containers" de Madrid, que amosa por primeira vez. Velaquí o "urban return" neoiorquino, noutra volta da súa vida. Con un dicir plástico contemporáneo, o artista exhibe músculo pictórico. É unha formidable expresión da forma mental, denda a mirada, poesía da ollada soprendida, bodegóns na rúa que documenta por capas, ou estratos, en papel, logo da fotografía inicial, para o cambio de escala final. Velaquí a mirada do artista, que transforma o mundo. Coa súa prodixiosa man para o debuxo, tema que escolle precisamente para o discurso de entrada na Real Academia Galega de BB.AA. en 2004, cubrindo a vacante de Xavier Pousa, ourensán por matrimonio. Dela é hoxe en día o seu Presidente. Dous anos antes, en 2012, habíanlle dado o Premio da Cultura Galega.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE PRIMAVERA
Hay gente que solo sabe vivir molestando
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
La turbia atmósfera gubernamental
Francisco Peña
La conquista de la paz, camino de esperanza
Antonio Casado
Vete en paz, Noelia
Lo último
PORTO SENÍN
Muere un surfista en una playa de Oia
CAUSAS DESCONOCIDAS
Encuentran el cuerpo de una mujer flotando en una piscina de Catoira