Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
Me compraría tres pisos en Ourense, ¿y usted?
Ante a construción do encoro de Lindoso pola compañía Electricidade de Portugal, que ía anegar o sector do val do Limia localizado entre Lobios e Entrimo, na década de 1980 codirixín unha prospección cos colegas e compañeiros de promoción Celso R. Cao e Manuel Xusto. O proxecto, que sempre deriva en investigación, tiña unha prioritaria finalidade preventiva, é dicir, coñecer o patrimonio arqueolóxico do territorio que se ía asolagar para paliar os efectos a causar tanto polas obras das novas infraestruturas como polo propio asolagamento.
“Drago” é, con toda probabilidade, unha alteración da contracción de “do agro”, alusiva a un territorio cultivado, resultando así un inicial Bouzadagro
Estudando a toponimia da zona, estratexia que sempre deu bos resultados antes de iniciar a exploración do terreo a pé, demos cun pequeno lugar habitado na parroquia entrimeña da Pereira que tiña o curioso nome de Bouzadrago. Unha bouza cun dragón! Ese ser mítico protagonista de relatos lendarios, gardador de tesouros e adversario natural de cabaleiros e outros heroes que saltaron das tradicións aos contos infantís. O dicionario da Real Academia Galega -RAG- descríbeo como “animal fabuloso que se supón moi fero, representado xeralmente con ás, patas dotadas de fortes gadoupas e cola de serpe”. Era sen dúbida un topónimo moi curioso e suxerinte para deixar voar a imaxinación, se non fora pola estrita rigorosidade científica que sempre guía á arqueoloxía. Tiña que ter outro significado, un totalmente diferente. Aínda que non lembro descubrimentos arqueolóxicos significativos no seu entorno, a aldea de Bouzadrago contribúe ao patrimonio etnográfico con numerosos hórreos e un muíño hidráulico cun mecanismo activado por un dos regatos que desaugan no río Agro, corrente que flúe próxima do pequeno núcleo protagonista da presente historia. De sobra saben que non son filólogo. Máis, se buscamos a palabra “bouza” no dicionario da RAG, damos coa definición de “terreo inculto poboado de mato, como toxos, xestas, uces etc.”. Doutra parte, “drago” é, con toda probabilidade, unha alteración da contracción de “do agro”, alusiva a un territorio cultivado, resultando así un inicial Bouzadagro. Tal paisaxe agraria debeu dar o nome ao río antes citado, validando a interpretación do profesor e polígrafo Manuel Domínguez Quiroga na súa obra “Toponimia da provincia de Ourense” sobre o significado de Bouzadrago. Ben é certo que os dragóns, denominados coca e tarasca, aparecen con relativa frecuencia na tradición popular. Seguramente a primeira que lles ven á mente é a Coca de Redondela, que vivía xunto á illa de San Simón. Un ser mítico que, saíndo do mar, levaba augas adentro as rapazas da vila, ata que uns paladíns escollidos polo pobo lle deron morte. Hai referencias a cocas en máis lugares, dende A Coruña ata Porto. Pero tamén na cidade de Ourense, onde segundo o investigador Vítor Vaqueiro Foxo, tomaba o nome de coquetriz, cuxa figura saía coa procesión do gremio medieval dos zapateiros -a Confraría de Santa Eufemia- o día de Corpus.
Pese ás tradicións, é improbable que a aldea de Bouzadrago conservase na memoria lendaria a existencia dun dragón que moraba na bouza. Aínda que, como neste caso, a interpretación da toponimia sexa menos literaria e dea un golpe de realidade ás paisaxes pasadas -a que transmite a plausible nomenclatura do sitio-, sempre debemos buscar a explicación máis fiable e rigorosa. A bouza seguro que estaba próxima, foi substituída ou substituíu a un agro. Nunca nela habitou un dragón, nin real nin de lenda.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
Me compraría tres pisos en Ourense, ¿y usted?
Manuel Orío
RECORTES
El auto de la discordia
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Abierto en Canal
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Por compasión o por negocio
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, jueves 16 de abril