Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
Las nostalgias
O de facerse maior ten varios inconvenientes e algunhas vantaxes. Unhas delas é a perspectiva dos cambios. É natural desde tempos bíblicos dicir “cando eu era novo” ou cousa semellante para compararmos as épocas máis recuadas das nosas lembranzas cos tempos presentes. E si, facérmonos vellos é ampliarmos a nosa persoal viaxe no tempo, que, de momento, é só en sentido da marcha, sen volta atrás posible. De momento digo, porque outras cousas igual de raras vimos, como quecer o leite sen lume nin fume, pagar cun teléfono móbil, viaxar polo aire ou estarmos todos os cidadáns do mundo conectados se nos peta. E se nesta viaxe nosa no tempo miramos atentamente polo retrovisor, seguro que repararemos en moitas transformacións porque a historia é dinámica e o mundo, persoas, natureza e cousas, están sempre cambiando.
E bolboretas (lepidópteros)? Onde elas van? E deuse conta vostede de xa nos se espetan os mosquitos (culicidae) contra os parabrisas dos coches? E de que xa non se anuncian os aparelliños eses de enchufar para escorrentalos de noite? Van a menos.
No interior de Galicia observamos a imparable expansión do monte ocupando terras antes cultivadas e tamén imos observando modificacións no bicherío reinante. Se cadra o clima cambia, pero moito máis o medio ambiente no que vivimos. Canto tempo hai que vostede non ve un vagalume, por nome científico Lampyridae? Seica se extinguen porque o exceso de luz artificial confúndeos e tratan de aparearse coas farolas, pois antes, no reino da noite, unha luceciña sempre era unha vagalume pedindo guerra... E o cruce vagalume-farola parece, digámmolo así, bastante complicado. E bolboretas (lepidópteros)? Onde elas van? E deuse conta vostede de xa nos se espetan os mosquitos (culicidae) contra os parabrisas dos coches? E de que xa non se anuncian os aparelliños eses de enchufar para escorrentalos de noite? Van a menos.
Pero se lle digo que hai bechos que van a máis, todos pensamos no xabaril, claro. E dos que van a menos, a min non me asombra nada a desaparición de croques ou berberechos (cerastoderna glaucum) na Foz do río Miñor, onde de pequeno collía caldeiros deles, pola contaminación; nin a desaparición das cadeluchas (donax trunculus) -seica lle chaman “coquinas” en castelán- en Praia América, se cadra afogadas por tanto protector solar e cremas diversas que van soltando os bañistas. Nin sequera me chama a atención a desaparición das fanecas -hai tempo que non vexo a ninguén choutando nun pé queixándose dunha picada traizoeira no outro pé- coa consecuente desaparición daquelas sandalias “fanequeras” de plástico marrón que todos tiñamos.
Pero chámame a atención a grande cantidade de pegas (pica pica) e corvos (corvus corax) que se ven na costa, e que veñen ocupar parte do espazo dunhas gaivotas (larus argentatus) con problemas. Despois do andazo de hai un par de anos, co colapso da maioría das grandes colonias, dáme a impresión de que se están recuperando bastante ben na zona de Sanxenxo e tamén, na zona de Baiona. Inda o outro día vin unha pelexa dun grupo de pegas que se defendían xuntas dunha gaivota en Sanxenxo. E pola zona de Praia América vin gaivotas de cabeza negra (ichyaetus ichyaetus) que nunca alí vira. Novas son tamén as pombas xeorxianas que o sabio Vicente Gracia, identificou para min, como máis estilizadas e cunha mancha branca no pescozo, e chegadas de seu, desde o Cáucaso, hai xa uns anos.
En fin que o outro día dixen nunha rede que as gaivotas parecían recuperarse polas rías de Vigo e Pontevedra e xente á que non lle descansa a cabeciña púxose a comentar a cousa en clave política e falar do PP e de non sei que. E nada máis lonxe da miña idea. Que estamos no verán. E nin sei como vai o mundo. Se segue existindo, claro. Que malo será.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
Las nostalgias
Xabier Limia de Gardón
ARTE ET ALIA
Ofelia Cardo exorciza las sombras del pasado
Emilio R. Portabales
TRIBUNA
Pasado, presente e futuro dos Coros Galegos
DIARIO LEGAL
¿Camino público o serventía?