Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
Dos homes convertidos en cans
PINGAS DE ORBALLO
Caen pingas de orballo sobre as conciencias dos escritores. Teñen conciencia os escritores? Non deberían. O escritor debe facer cribles as mentiras ou trolas e sementar a dúbida ou falsear as verdades. O escritor debe ter a conciencia sucia, merdenta, ruín, mesquiña, vil. E o corazón nobre, iso si. Pode dicir que chove a mares en plena canícula e ten que convencernos de que é real, verdadeiro.
Caen alustros sobre as flores dos toxos. Pode o toxo asumir que tras a tempestade chega a calma? O toxo asimila todo; desde vestir de colorido as ladeiras da esperanza ata servir de colchón baixo uns feixes de palla. A flor do toxo é como a curva melancólica do arco da vella. A flor do toxo é fermosa, aberta, cunha luminosidade aberta que se impón.
Caen os versos sobre un poema sen fin
Caen os minutos sobre o leito da soidade. Pode a soidade durmir sobre a cama mol, branda da noite pecha? Se non dorme, inventa. Se non dorme, soña. Se non dorme, envólvese no silencio ata que o baleiro se enche, pouco a pouco, de anhelos. O tempo pasa lento; e con tanta lentitude nada sucede.
Caen os versos sobre un poema sen fin. Cada verso par é unha esgazadura que se abre, que sangra, que doe, que fai dano. Cada verso impar é unha ferida que se pecha, que se limpa, que se cura. Os versos pares e impares seguen unha rima equilibrada, natural e melancólica.
Caen os tempos sobre min. De cando fun. De cando estiven. De cando tiven ilusións. De cando a nostalxia se empreñou das aventuras da infancia. De cando a señardade pariu tardes de silencio no monte Medo. O tempo pasa, todo cambia e a miña novela segue a lóxica das épocas. Rematará a novela, rematará o tempo, e a conciencia, e os toxos, e a soidade, e o poema. Rematará a vida porque... todo principio ten a súa fin.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
Dos homes convertidos en cans
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada, Jácome, la inutilidad al mando en Ourense
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
El sintecho que nunca volvió del frío
Manuel Orío
RECORTES
De uno y otro lado
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 13 de marzo
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 13 de marzo
SOLICITA UN ENCUENTRO
Rueda urge a coordinar la respuesta a la guerra