Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Café para a apocalipse
PINGAS DE ORBALLO
Teño a boca seca. A calor é moita, mesmo andando pola sombra. Andei polo paseo do regato dos Muíños lendo en “Brooklyn Follies”, de Paul Auster. Á sombra aínda se pode ir tirando, pero cada vez que tocaba pasar polo sol era como morrer un pouco... asfixiado, sufocado, coa dignidade xusta para chegar ó seguinte anaco de sombra. Ó final, máis que ler a Auster, parecía que estaba esperando pola miña autopsia.
Teño a boca seca. Van traerme o café. Sempre oín dicir que o café é bo para cortar a sede, aínda que nunca entendín moi ben como unha cousa quente pode solucionar outra cousa quente. Eu sede non teño -son de pouco beber-; simplemente teño a boca seca. Que o café corte ou non corte a sede dáme igual. Eu tomo café porque é o que tomo. Se mo trouxesen salgado, supoño que tamén o tomaría. Hai hábitos que están por riba da meteoroloxía e mesmo da razón.
Non habería velorios, nin enterros, nin responsos, nin curas, nin aquelas visitas nas que todo o mundo di que era unha boa persoa
Vaise acabar o mundo. Non digo que sexa hoxe, pero con estas temperaturas, a practicamente finais de setembro, tampouco sería unha sorpresa. E ben pensado, se se acaba o mundo, non é tanta perda. Temos asumido que imos morrer todos, uns antes e outros despois. Así que, chegados ó caso, tanto ten morrer por separado como facer unha morte colectiva e aforrar trámites.
Non habería velorios, nin enterros, nin responsos, nin curas, nin aquelas visitas nas que todo o mundo di que era unha boa persoa. Seríamos simplemente corpos mortos espallados polos confíns do universo. A Terra desaparecería e o universo seguiría sendo universo, que é unha maneira bastante indiferente de dicir que non nos necesitaba.
Con sorte, se hai vida máis alá das estrelas, máis alá do infinito, e se os extraterrestres son espelidos, igual aproveitan o noso desastre para algo: abono para os seus terreos, por exemplo. Dáme que toda poboación mundial dá para moita semente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Café para a apocalipse
Julián Pardinas Sanz
Mi amigo, el primo de “todo el mundo”
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Construir, habitar, pensar
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Fútbol
Lo último
PROGRAMA ESPECIAL
El Congreso Chamoso Lamas analiza el Ribeiro emergente
SÉPTIMA EDICIÓN
ReVive llevará artesanía y reciclaje creativo a Ribadavia
CHOQUE INSTITUCIONAL
Conde-Pumpido pide aplicar la amnistía a la malversación del “procés” catalán
V ENCUENTRO
Lobios reunió educadores de España y Portugal