Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
El alcalde que no quiere suelo industrial
TÍA MANUELA
Café con leite e, se o leite é da Marela, moito mellor. Segundo a FAO, a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura, os países máis produtores de café son Brasil, Vietnam, Indonesia, Colombia e Etiopía. E este, o café, é un dos produtos máis importados do mundo. Finlandia, Noruega, Islandia e Dinamarca son catro dos países onde se bebe máis café, seguidos de Países Baxos, Suecia, Suíza e Bélxica. Ao parecer, as baixas temperaturas son unha das razóns ou escusas. Tamén en Luxemburgo e Canadá hai un alto consumo deste produto, que en Galicia ten o seu grande mérito.
A asesora de xestión e proxectos da Asociación Catalana de Vending (ACV), Yolanda Bolaños, pensa que “os novos consumidores de café non só buscan satisfacer as súas necesidades de cafeína, senón tamén gozar dunha experiencia de consumo que vaia máis alá do convencional, apreciando os matices de sabores, aromas e presentacións”.
Aquí, a cultura do café está arraigada no ser da gastronomía e no sentir de cada un dos galegos, que beben café ao almorzo, despois de xantar, antes e despois de cear.
Aquí, a cultura do café está arraigada no ser da gastronomía e no sentir de cada un dos galegos, que beben café ao almorzo, despois de xantar, antes e despois de cear. Se cadra, un par de cafés pola mañá e outro par deles ao atardecer, na terraza do bar ou pousado no mesmo mostrador, cerca do azucre e ao carón do compañeiro que bebe mentres fala. Tomar café está de moda e gústalle á xente moza. Aos outros, tamén.
Café só, cortado ou con leite e coas súa ducias de variantes: café expreso, mesturado con leite emulsionada; cortado, neste caso a cantidade de leite é menor; café con leite manchado, poida que sexa o café quen mancha ao leite; café cappuccino ou Flat White, café moca, unha variante norteamericana do café con leite e chocolate; café descafeinado con leite, e o café de pota, se é posible, con gotas de augardente saborosa, para que se encha a cunca de ideas.
E o leite. Aquí os camareiros, aínda que veñan da Escola Superior de Hostalería, teñen que facer un curso especial, con teoría e práctica, e teñen que exercitar a memoria para recordar que pode ser leite enteira natural ou cremosa, desnatada, de vaca ou de cabra; leite de avea, de amendoa, de soia ou de coco. A Tía Manuela, ao falar disto, non deixa opcións, “o leite ten que ser das vacas que pacen nos prados galegos”. O café que sexa torrado nunha factoría galega.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
El alcalde que no quiere suelo industrial
Brais Iglesias
ZONA NEUTRAL
El asiento vacío
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
El ourensano que preside la bienal de cartelismo más reconocida del mundo
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
La invención del teléfono
Lo último
Evelio Traba
LOS LIBROS QUE LEO
Las verdades ocultas de una treintañera
subasta de lujo
Sale a subasta en París el primer bolso de piel de tiranosaurio
ENCUENTRO EN LA CAPITAL DEL TURIA
La Asociación de Licenciados y Doctores Españoles en Estados Unidos celebrará su congreso en Valencia