A caída da monarquía

¡BUONE VISIONI!

Publicado: 28 ago 2026 - 05:10
A caída da monarquía.
A caída da monarquía.

Estreouse nos cinemas o filme de Gianluca Jodice, “Los últimos días de María Antonieta”, inspirado nos diarios de Jean Baptiste Cléry, o camarlengo que obtivo o permiso para acompañar a familia real francesa durante o seu cativerio no 1792. O guionista Filippo Gravino xunto co director, baséanse fielmente nestas memorias, aínda que reelaboran libremente os diálogos e algunhas dinámicas internas ao encarceramento.

Lonxe do esplendor, dos privilexios e das riquezas, a familia real francesa atópase nesta película illada e vulnerable por primeira vez nas súas vidas. O filme ofrece o punto de vista cotiá dos ex soberanos francés e a súas conversións desde ‘‘deuses’’ a cidadáns comúns. O filme divídese en tres actos: ‘‘os deuses’’, ‘‘os homes’’ e ‘‘os mortos’’.

Ao longo de tres capítulos evidenciase o declive da familia real. Mentres o diario céntranse só nas actividades da rutina diaria, a mirada do director, ademais destes acontecementos, está na procura dunha metafísica e dun sentido máis profundo. A fotografía e os diálogos entre a familia real e os revolucionarios mostran esa finalidade. Neste sentido entrevese un intento por parte do director de humanizar os reais. A familia real está retrata con bastante dignidade, ata o punto de convertelos en vítimas –quizais inconscientes– da brutalidade da revolución. Nesta dirección vai tamén a decisión de deixar o sufrimento de toda a poboación fora do campo visual. No filme tanto os revolucionarios como os cidadáns están retratados con frialdade, de forma distante e son unha forza bruta que só busca unha vinganza cega.

O decorado e os espazos físicos son outros elementos protagonistas do filme. A degradación dos reais está representada a través dos espazos que ocupan ao longo do cativerio. A medida que avanza o filme e faise próxima a execución de Luís XVI, son máis claustrofobicos e angostos. O deseñador de produción utilizou os plans arquitectónicos e os gravados orixinais do século XVIII do Arquivos Nacionais de Francia e do museo Carnavalet para reconstruir as xeometría exacta das estancias. A fotografía traballou da man do departamento de arte para reflectir mellor as sensacións que xeran estes lugares e que encaixan cos sentimentos dos protagonistas. Os decorados luxosos e as habitacións con mobles e alfombras do palacio das primeiras secuencias do filme contrastan coa cela de pedra gris e coa escuridade da última estancia.

“Los últimos días de María Antonieta” é o título escollido en España para a distribución do filme de Jodice –e que conta con Paolo Sorrentino como produtor asociado-, pero non é unha película centrada sobre a figura da raíña. Imaxino que a distribución quería facer unha chiscadela ao célebre filme de Sofia Coppola do 2026. Pero a longametraxe do cineasta italiano está nas antípodas. De feito o título orixinal é “Le Déluge” -literalmente “O diluvio” ou “A gran inundación”– e metaforicamente fai referencia ao colapso do Antigo Réxime por mor da Revolución Francesa. Ven directamente da célebre frase atribuída a Luís XV, avó de Luís XVI: “Après moi, le déluge”, ou sexa “Despois de min, o diluvio”.

(Re)corten | Remata a rodaxe de ‘‘Arde a orillas del Sil’’

Remata nestes días a rodaxe da longametraxe documental “Arde a orillas del Sil” que busca conservar a memoria dos incendios forestais que arrasaron Valdeorras no 2025. O filme está dirixido por Antón García Gonçalves, estudante de Dirección de Cine en Madrid, e conta con Agustín “Guti” González como produtor. A comarca de Valdeorras, Cernego, Vilamartín e Viana do Bolo, foron unhas das localizacións elixidas. O equipo iniciou as gravacións o pasado 14 de agosto.

En cartelera | “El ser querido”, la nueva película de Rodrigo Sorogoyen

Los cines despiden el mes de agosto con “El ser querido”, la nueva película de Rodrigo Sorogoyen. Protagonizada por Javier Bardem y Victoria Luengo, la cinta aterriza tras competir en el Festival de Cannes 2026. El relato aborda la historia de un aclamado director con un oscuro pasado de excesos que ofrece un papel a su hija para reimpulsar su carrera, una convivencia que reavivará viejos dolores del pasado.

La cartelera recibe además “Tadeo Jones y la lámpara maravillosa”, cuarta entrega de la exitosa saga de animación española creada por Enrique Gato, donde el célebre arqueólogo regresa en una nueva misión. Por su parte, Ridley Scott dirige “La constelación del perro”, thriller posapocalíptico basado en la novela de Peter Heller y protagonizado por Jacob Elordi y Josh Brolin.

La oferta se completa con “Una noche al año”, comedia romántica con Mónica Barbaro y Callum Turner ambientada en Nueva York; “Erupcia”, drama de Pete Ohs sobre unas vacaciones interrumpidas por una erupción volcánica; y “La superviviente”, documental de Kike Maillo que destapa el célebre caso de Tania Head y su falsa historia sobre los atentados del 11-S en Nueva York.

Contenido patrocinado

stats