Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
Pablo Iglesias, o líder de Podemos, botoulle en cara a Pedro Sánchez que fixera caso a Felipe González. E soltoule o da "cal viva". Non era o lugar nin o momento de soltar esa verdade a medias. "Ou se fala, e escrebe, con rigor, ou se fai literatura ou se cala un", que dixera o sabio inglés. Ten razón o da coleta, mais a quen escrebe caelle pero que moi mal: peor. É un revanchista, un engreído, un pedante, e como dixera D. Ramón Otero Pedrayo: "Ourense perdoa todo menos a pedantería". Pois, señor Iglesias, a his- toria do señor X escomenzou asasinado a perto de trinta iñocentes, nun terrorismo de Estado que non é compatible nunha partitocracia como a que temos.
Felipe e os seus acólitos puxéronse, primeiro, ás portas do Tribunal Supremo a protestar pola condena de Vera e Barrionuevo. E despois tamén se manifestaron diante do cárcere de Badajoz can- do Vera e Barrionuevo ían cumplir unha condena que foi reducida polo "bo comportamento" destes asasinos que ademais de asasinar, secuestraran a un cidadán francés, Segundo Marey, ao confun- dilo cun etarra, e tivérono nun caserío ata que se deron conta de que meteran as dúas patas.
Logo o teniente coronel Galindo tivo presos en Intxaurrondo a dous xóvenes que fuxiran a Francia pra non cumplir o servicio militar. Tor- turáronos e ata lles arrincaron as uñas, e como os pobres mozos non declaraban o que Galindo que- ría, leváronos á provincia de Almería, fixéronlles cavar unha foxa e pegáronlles dous tiros, en entón –si, señor Pablo Iglesias- botáronlle cal viva.
Mais o dono da finca descobreu os corpos dos xóvenes vascos un día coa súa escavadora, e denunciou o feito á Garda Civil. Mais Felipe González, pra lle agradecer os servizos ao teniente da Garda Civil, ascendeuno a xeneral. Mais ao pouco tempo a xustiza empapelou a Galindo e meteuno preso. E a todo esto, señor Iglesias, ¿onde estaba?
Esta é a historia señor Iglesias. E cando se conta hai que contala toda, non como vostede fixo no Congreso dos Deputados, diante de Pedro Sánchez a quen vostede humillou proclamándose, dúas veces, vicepresidente, e decindo que ía nomear a catro ministros, e unha policía paralela ao seu ser- vizo como fixo Maduro (a quen vostede asesorou cobrándolle bos cartiños). E así podiamos seguir.
Non señor Iglesias, que eiquí coñecémonos todos, e sabemos como vostede pensa. Inda que mire, señor Iglesias, como dixera Voltaire no parlamento francés: "Eu estaría disposto a dar a miña vida para que vostede poidera defender as súas ideas", que non teñen nada que ver coas miñas, a Deus gracias. Modérese e colabore para que as Españas melloren e haxa menos paro, e respete a nosa relixión católica, apostólica e romana, e non ataque a nosa fe. Que vostede pasará, como pasaremos todos, mais a fe de Xesucristo permanecerá ata o final do mundo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
4.812 turistas en lata
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
Itxu Díaz
USOS Y COSTUMBRES DEL VERANO
Los selfies de la comida: el gran juego del postureo de verano
Lo último
ENTRE EL RESPALDO Y LAS CRÍTICAS A ESPAÑA
Los ministros de Interior de la UE afrontan este martes la tragedia humanitaria de Ceuta
MÍNIMO DE CASI DOS DÉCADAS
El paro sube en julio hasta los 2,31 millones pero el desempleo juvenil alcanza un mínimo histórico
DEL CALDEIRO A LA MESA
Carne ao caldeiro en Ourense: dónde comer este plato gallego en verano