Xabier R. Blanco
CLAVE DE GALICIA
Una de setas
Nace este libro de auga que se nos abre entre as mans como una porta dimensional que conduce ás entrañas da Burga Nai. Alí habitan estas ninfas-poetas lanzando como dardos os seus versos na língua nai. Amamantadas pola Terra, a choiva, as fragas, a saudade, o amor, a infancia e o compromiso coa palabra, chorarán sobre a derrota e a inxustiza, sobre o abandono e a pena, para limparlle as larafuzas a este mundo inxusto e desigual , ás veces desaprensivo, cruel e inhumano. Co resplandor das súas bágoas coroarán de diamantinas flores á muller, á femia, á matria, á rosa deste seu paraíso lírico. Nacen as Calpurnias mollándoo todo, regándoo todo coa súa auga máxica.
Dez poetas ourensás: Yolanda López, Alba Cid, Rosa Enríquez, Arancha Nogueira, Rochi Nóvoa, Celia Parra, Chus Pato, Raida Rodríguez, Montse Villar e Marina Sánchez, acompañadas da Editorial Cuestión de Belleza, presentamos este libro no Liceo hoxe sábado ás 20 horas.
Nacen para ti, amig@ lector@, 10 formas de sentir e amar, de clamar e soñar, de acompañarte e entregarche as súas pequenas loitas, feridas ou ilusionadas. Estas somos. Aquí estamos as Calpurnias do século XXI, evocadoras daquela que lle daba as grazas por curala, ó poder das augas termais desta nosa Auria de ouro.
Calpurnias. Mulleres que se bañaron un día no seu acuático universo e invocaron á lúa -cómplice do seu sentir- e quedaron prendadas para sempre -ensoñadas- nas laberínticas ondas dos pensamentos… dos latexos… dos amores…
Longa vida, poetas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE DE GALICIA
Una de setas
Bruno Blanco Tourón
TRIBUNA
Diez kilómetros de responsabilidad
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Trump hace trampa en Oriente Medio y El Golfo
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
Para cando pasear pola alameda?
Lo último
expansión empresas
Abrir una empresa en Singapur, desde 220 euros: todos los pasos y requisitos
MEDIO CENTENAR DE PEZAS
A Cidade da Cultura en Santiago inaugura a exposición “Ser Noutras”