Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
Las nostalgias
Se non fora porque o tema ten o seu aquel, podería ser semellante a ise chiste que, con certa frecuencia, fan algúns cando lle preguntan se soben ou baixan e se atopan no medio dunhas escaleiras. Mais o asunto ten moito máis alcance. Moito máis, pois trátase da morte e o arrasamento de vidas humanas. Polo que as declaracións xenéricas, ou moi ambiguas, teñen moi pouca xustificación. Polo que parece que nestes tempos quen pretende ser a guía da ética e moral neste mundo, non está, non se escoita cando tiña que erguer a voz. O asunto atinxe a milleiros de persoas que nos escandalizamos coas imaxes ferintes que saen nos medios de información, polo que o silencio neste tema resulta moi chamativo.
Trátase dun pais que quere expulsar ós gazatíes da súa terra. Trátase dun pais, Israel que día si e día tamén soña co gran Israel e que os seus colonos expulsan ós palestinos da súa terra creando asentamentos co amparo do gobernos sionista
Vivimos un tempo político e social onde o silencio fainos cómplices; onde manter a equidistancia e tanto como mirar de esguello ou non querer ver. Logo, cando nos toque a nós e queiramos sacudirnos porque nos mancan e nos machacan, xa nos poremos farrucos e o denunciaremos berrando ben alto. Un señor do meu pobo xa fenecido, con moito saber e experiencia, díxome con contundencia: a maior parte das veces esa institución relixiosa actúa como se fora un partido político. Ademais, os seus membros viven atados a uns principios que lle impiden ver máis alá do do seu arredor. O asunto do que falo trátase de humanos, non de animais nin de extraterrestres. Trátase de familias, de seres que son tratados como parias nun deserto sen auga e sen os mínimos medios pra existir e vivir con certa dignidade. Polo que a condena ós que os obrigan a fuxir do seu espazo vital tiña que ser contundente e clara. Arredar da súa terra á xente, amparándose de cando en vez en cuestións bíblicas resulta repugnante. Estou convencido de que se estivera vivo o papa Francisco a condena sen medias tintas sería espallada por todas as igrexas e recintos sacros; e dende os púlpitos diríase algo máis do que se di hoxe. Mais o silencio é atronador e amosa complicidade por pasividade, pois son xente doutro credo e sempre estiveron en liortas. Son persoas, din os invasores, que ampararon o terrorismo. Son terroristas, afirman. E eu pregunto: todos son terroristas? O terrorismo pola matanza que fixo Hamás todos o condenamos. E dende o Vaticano semella que teñen medo mancar a quen pretende ser o rei sen coroa do mundo. Sí, a ese supremacista que mira ós demais por riba do ombreiro e que actúa e nutre de armas ós que bombardean sen piedade á xente indefensa. Non, non é unha guerra. Non. Non hai dous exércitos loitando uns contra os outros. Trátase dun pais que quere expulsar ós gazatíes da súa terra. Trátase dun pais, Israel que día si e día tamén soña co gran Israel e que os seus colonos expulsan ós palestinos da súa terra creando asentamentos co amparo do gobernos sionista. Trátase de xente á que lle rouban a terra e a dignidade de persoas. Por iso, que o xefe da Igrexa católica non faga unha condena contundente contra este exterminio, resulta demoledor. Polo que moitos facémonos está pregunta: Que temos de mais valor que a propia vida humana? Navegar, camiñar na ambigüidade, poñerse de perfil resulta esclarecedor para os que vemos unha igrexa pouco comprometida coa paz e que se cala diante semellantes atrocidades. Unha igrexa que fai chamadas xenéricas: pola paz no mundo; pero que non condena con contundencia o xenocidio en Gaza. Xa sei que son doutras relixións... Pero son seres humanos. En fin, neste tempo, sen pretender ferir a ninguén, a Igrexa actual a moitos xa non nos gusta, pois diante barbaridades como as que vemos día tras día, garda un silencio que a delata. Garda un silencio como se actuase de parte. De pena.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
Las nostalgias
Xabier Limia de Gardón
ARTE ET ALIA
Ofelia Cardo exorciza las sombras del pasado
Emilio R. Portabales
TRIBUNA
Pasado, presente e futuro dos Coros Galegos
DIARIO LEGAL
¿Camino público o serventía?