Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Fotoperiodistas
TÍA MANUELA
Volveu ao Camiño para andar unha semana e no medio da multitude estaba soa. Absolutamente soa, como quería estar, andar, falar e escoitar o canto dos merlos que andaban ás cereixas. Gustáballe seguir os andares do cuco, pero nesta ocasión non poido ser, hai poucos paporrubios para chocar os seu ovos e criarlles os fillos. Así é, todo cambia e a peregrina, despois de pouco tempo, está nun espazo irrecoñecible, diferente e coas contornas xeográficas, culturais, paisaxística e emocionais distintas.
Era o Camiño Francés, o que vén de alá atrás, de onde anda a xente, esa xente que cruza Europa, terras, montes e vales, ríos e regatos para chegar a Santiago e darlle unha aperta ao Apóstolo ou dar unha volta polas rúas composteláns, falando cuns e con outros, escoitando as impertinencias dos que falan por teléfono e arrenegando do que din as políticas e políticos profesionais, “eses que non son capaces de calar”.
Volveu ao Camiño e non o recoñece. Ela quere que sexa outra vez un espazo de comunicación, de interacción, de diálogo, de reflexión e pensamento, un espazo para todos, con todos os seus valores. Quere que as asociacións, a sociedade civil, as autoridades municipais, autonómicas e tódalas outras respecten ao Camiño como un ben da humanidade, como Patrimonio Mundial que é.
Os responsables do Camiño de Santiago, se é que os hai, deberían pensar na “galiña dos ovos de ouro”, coidala, amala e defendela para que goce de boa saúde e sega poñendo os seus ovos. Galicia é a terra do Camiño e as súas rutas configuran e harmonizan o noso territorio, traen xente, traen cultura, traen vida, ledicia e saberes. Eles, os que veñen e nós constituímos unha comunidade mundial, que debe respectar e respecta as diferencias entre cadaquén, a discrepancia de pareceres, as culturas distintas e os diversos modos de entender e de ver a realidade e o entorno.
Para coñecer as distintas rutas xacobeas en Galicia, hai moito que andar e canto máis se ande, mellor. Dende A Fonsagrada, dende O Cebreiro ou dende o Barco de Valdeorras; dende A Canda ou dende Tui, dende Ferrol, Fene ou Ribadeo, ata Santiago de Compostela, toda esa terra é Camiño. A Tía Manuela é unha defensora e promotora dos seus valores, porque “se defendemos o noso, axudamos ao de todos”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Fotoperiodistas
Alfredo Conde
A TIRITA
Os prodixios do Sistema Literario Galego
Afonso Vázquez-Monxardín
Por unha nova alerta no móbil
Juan M. Casares
CASTELLUM HONESTI
Si, eu quero o cambio
Lo último
DOS OPERACIONES SUSPENDIDAS
El quirófano de Verín encadena cancelaciones por la presencia de insectos
REHABILITACIONES DE PREMIO
Dos proyectos para recuperar el patrimonio rural de Beade y Vilamarín, premiados por su arquitectura
MODERNIZACIÓN DEL ESPACIO
La Plaza de Abastos de O Carballiño entra en su proceso de reforma