David Alvarado
Pérez Jácome e as promesas que non valen nada
PINGAS DE ORBALLO
Dúas voltas. Á Fortaleza de Monterreal, en Baiona. A primeira, por fóra; a segunda, por dentro. Baixo un sol abrasador e unha calor tórrida. E menos mal que, de cando en vez, a brisa do mar facía máis levadía a andaina. E se, por un casual, se levantaba algo de ventada, mesmo daban ganas de exclamar: “Que marabilla”. (En Ourense estaranse chamuscando, cheguei a pensar. Despois, á volta da viaxe a Baiona, xa vin que, seica, estiveran a corenta e dous graos e medio)
Como a calor era inmensa e había que resgardarse un pouco de tanto sufoco, aproveitamos para xantar. Foi a nosa perdición: entre as calores, unha pequena ferida nun pé do rapaz e o bandullo dos dous cheo, pero ben cheo, o asunto tiña que acabar mal. Ou non. Ben podía ser, tamén, a nosa salvación.
Nada de autovías, nin autoestradas, nin velocidades astronómicas. Imos pola Nacional de toda a vida, pola 550
Mellor unha mestura das dúas cousas: que xa emprendemos camiño de regreso a Ourense. Pero, como aínda tiñamos toda a tarde por diante, para que ir con présas? Nada de autovías, nin autoestradas, nin velocidades astronómicas. Imos pola Nacional de toda a vida, pola 550, que, arre demo, cambiou para a 552.
De Baiona, a A Guarda. De aquí, a Tui. De Tui, e xa pola PO-404 e a PO-400, a Salvaterra do Miño, ás Neves, a Arbo... E cando faltaban once quilómetros para chegar a Ribadavia, fixen a arroutada de subir ata A Cañiza. Ou sexa, retroceder un chisco.
Nada, tranquilos: ese pequeno retroceso gánollo despois pola autovía, facendo o que non debería facer. Pero xa nos entraran as ansias de chegar canto antes.
Chegamos sans e salvos. E, nada máis entrar na casa, produciuse o inevitable asalto á neveira, para que un bo cacho de sandía me aliviase a seca que levaba nas entrañas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 20 de agosto
AGOSTO EN LLAMAS
Más de 2.200 hectáreas arden en el fuego de Pinofranqueado
SUBIDA DE PRECIOS
La energía eleva la inflación de la eurozona al 2,9% en julio