Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
El desembarco de Simón
O AFIADOR
O temporal de denuncias de acoso a mulleres por parte de políticos estase convertendo nun escandaloso torrente que non se sabe ata onde pode chegar e incluso levarse por diante a quenes teñen a responsabilidade de velar polo estricto comportamento de respecto ás normas e dereitos de convivencia por parte de subordinados e compañeiros, facendo deixación das mesmas dando amparo activo ou pasivo a golfos aos que se lles confiaron cometidos dos que son indignos.
Contaban os vellos do meu pobo que cando o don Antonio acudiu ao leito de morte do señor Ensí (en sí, nadie sabía que significaba o apodo), feligrés seu, para aplicarlle a extremaunción. Nun momento dado no que este debía responder a unha pregunta do cura, en vez de facelo como pedía o manual, farfullou algo así como “hai que ver como sube a contribución¡”, cousa, evidentemente, allea ao elixir espiritual que trataba de impor o señor párroco. A escena invitaba á gargallada aberta dos monaguillos, pero o trascendente momento para o enfermo e os seus deudos impuxo un digno silencio nos dous acólitos acompañantes do don Antonio.
E cando falou, foi para confesar que sabía dende outubro da existencia do dedo acusador contra o seu compañeiro, pero non fixo nada porque descoñecía á presunta vítima, así como a outras potenciais e, ademáis, Tomé negou a maior.
Senón fose un asunto de extrema gravidade, o desnortado discurso do secretario xeral do PSdeG, ben podía ser tomado como unha brincadeira parecida á descrita. Gómez Besteiro botou dous días e medio sen abrir a boca dende que trascendese que varias mulleres acusaban de acoso a José Tomé, máximo responsable do socialismo na provincia de Lugo; silencio que o cabreo e as protestas de cargos, militantes e simpatizantes traduciron nun clamor insoportable con evidente eco feminino. No tempo de vela, non recabou opinión nin consulta da máxima responsable de Igualdade da Executiva que preside. E cando falou, foi para confesar que sabía dende outubro da existencia do dedo acusador contra o seu compañeiro, pero non fixo nada porque descoñecía á presunta vítima, así como a outras potenciais e, ademáis, Tomé negou a maior.
Podería suceder que o aínda alcalde de Monforte saia indemne deste gran lío na vía xudicial, pero a estas alturas é xa un cadáver político sen posibilidade de rehabilitación. Do que lle suceda, nada vai ser alleo para Besteiro, pois a incapacidade para detectar os efectos da bomba de racimo que lle estoupou diante do nariz poden facerlle correr sorte parecida. Ao mellor, non había posibilidade de evitalo, pois o fogo amigo adoita ser o máis letal; eso, si hai amigos nos partidos, porque cando todos estabamos convencidos de que Sánchez e Ábalos eran algo así como a versión socialista dunha “unidade de destino no universal”, resulta que o primeiro non sabía nada do segundo máis alá da política.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
El desembarco de Simón
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Ahorro ourensano, ¿economía saneada o estancada?
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Tartufo
Berto Manso
LA OPINIÓN
Misión cumplida
Lo último
REAL DECRETO-LEY
Luz verde a un copago más progresivo de las medicinas
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 13 de mayo
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 13 de mayo