Jesús Prieto Guijo
LA CARTA OLÍMPICA
La locura del skimo
PENSAR POR PENSAR
Vestímonos de pantallas, peliqueiros e cigarróns e saímos á rúa con chocas a celebrar as festas de don Carnal en recordo das vellas Saturnais, onde se facía provisión do bo viño de Baco, dos alimentos de Ceres e disparábanse os gozos sexuais de Venus, para deixar os corpos satisfeitos diante da chegada dos rigores e penitencias de dona Coresma. Estaba ben esa hipócrita filosofía de usar o desmando de hoxe para reprimirnos mañá, con todo nos entroidos modernos só sobreviven os símbolos, o xestual, o consumo, o turismo, a distracción da realidade, xustificados co mito da tradición, con ou sen crenzas. O curso da vida é así, unha farsa para ir tirando. En realidade a Historia ensinada nas aulas é un entroido onde a verdade dos sucesos disfrázase segundo a conveniencia de cada século. Por tanto as entroidadas pertencen a esa cultura, chamémoslle nosa, que di levar na súa biblia a ignorante extrema dereita coma se fóra da súa propiedade.
Si, o marqués de Esquilache pode considerarse un precedente de Santiago Abascal, encabezando un exército de xastres, tesoiras en man, polas rúas de Madrid.
Digo isto porque mentres gozaba en Compostela disfrazado, en Madrid o partido de Santiago Abascal resucitaba a ancestral xestión e temores contra as caras tapadas do italiano marqués de Esquilache. Pretendía o sociólogo Santiago lexislar contra o uso público do burka e o niqab, os veos islámicos usados polas mulleres árabes por imposición dos seus maridos. El e os seus non queren ver a esas mulleres cubertas como pantasmas paseando polas nosas rúas. Son moi poucas e non o fan por elas senón pola súa relixión e cultura. Con todo eu, no medio deste entroido malicio que pretenden unha prohibición puntual de hoxe para deseguido proscribir a utilización de pasamontañas, caretas, bragas de pescozo, bandanas, veos de boca e faciais, máscaras sanitarias, disfraces varios e, por descontado, as pantallas de Xinzo, os peliqueiros de Laza, os cigarróns de Verín e outros tantos… Prohibido levar a cara tapada! Será o lema de mañá.
Non lles importa, non, a degradación das mulleres árabes. Quérenas encerradas nas súas casas como ás cristiás monxas de clausura, aínda hoxe vestidas con hábitos medievais. Quérenas presas ou expulsadas fóra das nosas fronteiras. Ningún propósito de liberación da muller. Unha mostra evidente de misoxinia, xenofobia e de control social que eu, disfrazado de bispo, de inmediato relacionei con aquela outra historia do século XVIII cando o lembrado ministro plenipotenciario de Carlos III, para controlar aos súbditos de toda clase e condición, prohibiu levar as caras tapadas. Para que ninguén puidese embozarse mandou recortar o longo das abrigadas capas tradicionais e recoller as amplas ás dos chambergos, subilas ata as copas e convertelos nos novos chapeus de tres picos, tan do gusto de Napoleón Bonaparte. Si, o marqués de Esquilache pode considerarse un precedente de Santiago Abascal, encabezando un exército de xastres, tesoiras en man, polas rúas de Madrid. Entón a capital vivía angustiada polas subidas do prezo do pan (alimento de primeira necesidade). Hoxe sofre zurrada polas subidas dos ovos. Dúas boas razóns para un motín.
Tamén lembrei que a ditadura de Franco prohibiu os entroidos para evitar as caras tapadas. Quizais Abascal este eco téñao máis próximo e amado. Nas cidades a tradición popular borrouse das rúas pero nalgúns lugares a burguesía trasladouna, sen caretas, a locais sociais privados. Podías maquillarche sempre que non desfigurases a fisionomía e gardases as ríxidas regras do réxime. Aos meus catorce anos, eu fun expulsado do Casino da miña cidade por disfrazarme de clérigo goliardo. Todo é vello, señor marqués.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jesús Prieto Guijo
LA CARTA OLÍMPICA
La locura del skimo
Manuel Orío
RECORTES
Saber o no saber
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
Cara ao motín de Esquilache
Luis del Val
Se aceptan ruines e indignos
Lo último