Eduardo Medrano
Motín de Esquilache
O AFIADOR
Antonte soubemos, ou deducimos, que hai políticos que acceden ao cargo sen a obriga de asumir as responsabilidades derivadas da sua xestión ou da falla da mesma. Parece que tampouco se lle pregunta pola capacidade ou habilidade para desempeñar o cargo. Simplemente, serían elixidos de xeito gracioso, con retribución xenerosa, acompañada da disposición de despacho noble, coche oficial e persoal de servizo.
Que lle vería Mazón para confiarlle tan alta delegación de competencias de goberno das que nada sabía
Máis ou menos eso foi o que explicou nun xulgado de Catarroja a ex conselleira Salomé Pradas, sobre escandalosa xestión fronte a dana do 29 de outubro pasado. Respondendo so ás preguntas do seu abogado manifestou que carecía de coñecementos sobre as áreas e materias das que era máxima executiva no Goberno valenciano. A susodita leva máis dunha década en política en distingos cargos: senadora, portavoz do seu grupo na Cámara Alta, directora xeral de Medio Natural na Generalitat, concelleira en Castellón, deputada autonómica, deputada no Congreso ou conselleira de Medio Ambiente, Auga, Infraestruturas e Territorio, así como titular de Xustiza e Interior, baixo a que estaban as emerxencias.
Semella incrible que alguén poida ter responsabilidades sobre algo do que o ignora absolutamente todo, pero pode ser certo, pois soou verosímil cando no momento máis álxido da traxedia admitiu descoñecer a existencia dun sistema de envío masivo de alertas no departamento ao seu mando, implantado tempo atrás. Que lle vería Mazón para confiarlle tan alta delegación de competencias de goberno das que nada sabía. Ou aínda máis: que lle viron ao propio Mazón os seus valedores para situalo onde está, que igualmente escurre toda responsabilidade.
Non son casos illados, pois eiquí temos exemplos parangonables -salvando as distancias cos efectos da traxedia valenciana, claro- de incompetencia e incapacidade, nos que os responsables descargan en outros calquera eventual responsabilidade dos seus actos. Tal vez deducen que a pasividade e ausencia do mínimo atisbo de reacción ou contestación é o mellor aval para xestións impunes. Igual eso xustifica que se perdan subvencións millonarias, outras sexan rexeitadas, obras públicas -tamén con subvención- que teñen que estar rematadas antes de fin de ano e se descoñece cando van empezar ou que un minibús recén adquirido sexa usado como material de desguace para reparar avarías de outros. Mentras, a cafetería da Paxareira é explotada de balde con total normalidade, tal vez porque falta un departamento municipal de bares en lugares públicos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último