Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
O expresidente da II República española, Manuel Azaña, conta nas súas memorias que cando un día se achegou ao Ministerio da Gobernación para facer o borrador do proxecto de lei de defensa da República, foille indicando artigos ao director de Administración local, que daquela era o intelectual galeguista don Emilio González López. “Este los redactaba en un idioma raro, propio de un gallego catedrático, porque el joven director posee ambas cualidades”, deixou escrito o tribuno republicano.
Lembrei esta anécdota ao fío dos comentarios que fun lendo sobre o acto que tivo lugar na Casa do Concello de Redondela o día da xubilación para despedir a Carme Pérez Vaquero, onde desenvolveu a súa actividade profesional durante 47 anos. Manuel Azaña e don Emilio González López, desde o ámbito político, fixeron o posible por modernizar a Administración do Estado imbuíndoa de racionalidade e fomentando a proximidade coa cidadanía. Con ese mesmo espírito e ilusión desempeñou o seu labor en Redondela Carme, a eficaz secretaria da Fundación Lois Peña Novo, a primeira entidade cultural creada na historia do municipalismo galego por un grupo de funcionarios que quixeron contribuír a crear o concello máis galeguizado de Galicia. Unha iniciativa, como digo, sen precedentes na historia de Galicia.
Carme e máis eu ingresamos como funcionarios do Concello de Redondela despois de pasarmos as correspondentes oposicións convocadas en abril de 1979 despois das primeiras eleccións democráticas. Tomamos posesión das respectivas prazas en setembro dese ano, compartindo despacho durante un breve período de tempo. O suficiente para que empatizaramos desde o primeiro día. Valéndonos da relaxada actividade burocrática falamos moito, circunstancia que aproveitei eu para exercer o meu imparable labor socrático galeguizador. A curiosidade de Carme polos meus relatos transformou a visión que tiña de Galicia aquela moza de dezanove anos nada en Goián, parroquia tomiñesa ben abastada de persoeiros da cultura galega nas distintas artes. A casualidade de que o pintor Xabier Pousa, vello camarada meu, fose amigo da súa familia deunos pé para falarmos de galeguismo, causa que en pouco tempo abrazou e profesou. Por iso Carme desde aqueles anos tomaba notas en galego do que o seu superior xerárquico lle ditaba en castelán.
Labor que realizou desde a xunta de persoal con propostas imaxinativa e únicas naquel contexto histórico. Dignificou a función pública e mellorou as prestacións do servizo público do Concello.
Sen o coñecemento e entusiasmo de Carme Vaquero, as conquistas laborais dos funcionarios de Redondela serían impensables. Labor que realizou desde a xunta de persoal con propostas imaxinativa e únicas naquel contexto histórico. Dignificou a función pública e mellorou as prestacións do servizo público do Concello. O seu tesón e a súa auctoritas chegaron a ser de tal magnitude, que algúns políticos municipais e un interventor mediocre de algo menos de metro e medio escaso quixeron neutralizala con insidias e acosos laborais. A personalidade de Carme estaba por riba das posibilidades daqueles personaxes ruíns que fracasaron nos seus intentos.
A miña dilatada dedicación á causa nacionalista, que comezou en 1965, autorízame para poder afirmar aquí e onde sexa, que pouquísimas mulleres coñecínque fosen tan decisivas na introdución da lingua galega nos usos xurídicos e administrativos. Naqueles anos nos que o Concello de Redondela era unha estrela galeguizadora con luz propia, Carme foi unha animadora cualificada dun proceso que logo se había extender a outras Administracións, como o xudicial, onde vén desempeñando unha actividade de elevada cualificación. Da mesma maneira que a súa presenza é sobranceira na galeguización das actividades socioeconómicas, e nas demais que se engloban no colectivo Galeguizar Galicia.
Chegoulle o tempo da xubilación da vida laboral, pero continuará co maxisterio na defensa dos valores patrimoniais de Galicia, promovendo con ese don da fecunda intelixencia que a adorna e a habelencia que ten para coordinar con tanta eficacia a pluralidade de persoas de distintas disciplinas que se nuclean na galaxia galeguista que é Galeguizar Galicia. Amigas e amigos que admiran o seu talento e entrega.
O nome de Carme Vaquero debera figurar nun lugar destacado na Casa do Concello de Redondela, coma xa están os do poeta Ramón Cabanillas, que exerceu a dirección da Secretaría, e a dos maxistrados que ditaron a primeira sentenza en lingua galega despois de cinco séculos de prohibición.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El sanchismo paga bien
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Sin indicios de paz
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
91 coches matriculados al día
Lo último