Jacinto Seara
Nuevos retos de la vida
Así titulei a libreta na que desde hai anos veño escribíndolle cartas póstumas de agradecemento a meu pai polas ensinanzas recibidas. Nelas relatolle lembranzas que vivimos xuntos cando aínda cativo andaba da súa man polos camiños de Mourigade, a nosa aldea. El cunha fouce nunha man e unha vara na outra íame dando explicacións sobre todo o que nos rodeaba. Tiña a sabedoría propia das xentes que viviron en contínuo diálogo coa natureza e tradicións das que aprenderon empìricos saberes.
A primeira lección que me deu foi ao pé dunha torada de carballos. Explicoume o significado da palabra cerna e o significado dos seus círculos concéntricos. Polo numero deles sabíase os anos que tiñan e pola súa delgadez ou grosor se os anos foran abondosos en chuvias ou secos. Con esa aprendizaxe fun feliz porque tamén eu podía dialogar coa natureza.
Foi el quen me puxo ao tanto da existencia de guerrilleiros antifranquista nos montes, nomeadamente de Benigno García Andrade, “O Foucellas”,o máis célebre, quen pola súa intelixencia e audacia puido fuxir das celadas que lles facían as forzas represivas. Leccións de historia que só sabían os que a sufriran.
Mentres, eu enredaba coa carretilliña que me fixera o día anterior. Os homes facían chanzas a miña conta. Cando chegou meu tio o primeiro que fixo foi apalpar os cachotes.
Nos ribazos nacían herbas e plantas diversas, das que el coñecía os seus nomes e as propiedades curativas. Unhas servían, tal era o caso da ruda fervida, para eliminar as lombrices intestinais que tan comúns eran nos nenos; outras, para eliminar as verrugas e herpes, por poñer algúns exemplos. Eu, que observaba como os cans e gatos ás veces comían herbas sen saber por que, aprendín por el as razóns: facíano por instinto para provocar gomitos e botar fóra calquera materia non desexada que lles facía mal no estómago.
Asorado quedei,cando souben que as teas de araña eran moi beneficiosas para controlar as hemorraxias de sangue. Remedio que lle aplicaran a el sendo neno cando cun machado involuntariamente fixera un corte profundo na man; abondou con envolverlla con teas de araña. Moitos anos despois souben que teñen a profilática vitamina K para coagular o sangue.
Pero a lección máis sorprendente de arquitectura aprendína cando debía ter cinco anos. Resulta que meu pai quería derrubar un ribazo de cachoteria. Pedíulle aos veciños que lle botasen unha man. Un domingo apareceron sete ou oito homes dispostos con cadansúa ferramente na man. Mais foi o caso que o meu tío Jesús, que ía dirixir o traballo, demorara a chegada; daquela meu pai ordenou que non se fixese nada sen a súa presenza. Mentres, eu enredaba coa carretilliña que me fixera o día anterior. Os homes facían chanzas a miña conta. Cando chegou meu tio o primeiro que fixo foi apalpar os cachotes. Feita a pertinente análise pedíu unha marreta. Golpeu nunha pedra e derrubouse de vez boa parte do valado. O que parecía que ía ser traballo de horas realizouse en pouco tempo. Xa sendo eu adulto pregunteille a un amigo arquitecto a razón do proceder do meu tio. Atopou a pedra sobre a que actuaban as forzas gravitacionais, díxome.
Sendo como foi un reputado artesán da ebanistería (realizou delicados deseños do arquitecto Gómez Román), con pouca escola, explicoume un día que o galego era un idioma que se falaba con variantes (descoñecía as palabras dialéctos e isolinguas), “por iso hai palabras que se usan nun sitios e outras noutros”, matizou. E púxome varios exemplos: nunhas comarcas dise man, e noutras maos ou mas. Moitos anos despois aprendín nos tratados de dialectoloxía o que el sabia coloquialmente por terllelo escoitado explicar nas tabernas da rúa compostelán do Franco aos intelectuais galeguistas en tempos da República para os que facía mobles. Daqueles tempos son as súas lecturas da obra rosaliana.
A meu pai débolle a miña formación iniciática nacionalista, que foi socrática nas súas oríxes. Del aprendín a importancia de interpretar a realidade cotiá valéndome da intuición, que tan útil me foi cando carecia de información racional. E tamén o alcance da lealdade e solidariedade. Por iso lle sigo a escribir cartas a cada pouco agradecéndolle todo o que me ensinou.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jacinto Seara
Nuevos retos de la vida
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Aquellos entrañables Reyes Magos del Ourense lejano
Xosé González Martínez
Cartas a meu pai
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Rasputín
Lo último
EL TORNEO 4 NACIONES
España-Suiza serán la final de hockey sala
DIFICULTADES DE INSERCIÓN
Los mayores de 55 años sufren más paro que los de más de 25
POLÍTICA NACIONAL
El Ejecutivo ve posible gobernar sin pasar por el Parlamento