Daniel Montero
SUEÑOS DE OLIMPIA
No al Mundial 2030, y menos con Marruecos
TÍA MANUELA
Repartiron as leiras e a el tocoulle detrás da eira, alí onde sempre se sementaron as patacas, con patacas de boa semente, onde se plantaban as verzas, naquel leiriño da envexa para os veciños que viviran naquel lugar, alí onde hoxe non queda ninguén, onde non hai marcos que marquen as extremas, onde non hai camiños nin carreiros, onde a terra é para quen queira traballala. Nunca tal se vira, os máis vellos da contorna lembran as pelexas cos veciños da porta pola auga e pola extrema, pola maceira da esquina e polo carballo da beira do camiño.
Agora, ninguén lembra os nomes cos que se coñecían aqueles pequenos anacos de terra, daquela terra repartida en searas ou da bouza coloreada de amarelo, coas flores das xestas, e mollada co alento dos homes que a cavaban con aixadas, despois de rompela coa cambela. Poucas das persoas lectoras deste xornal escoitaron falar da cambela e moi poucas viron arar con ela. Era un apeiro, un aveño de madeira, dunha soa peza curva, cunha rella e un temón longo para enganchar no xugo que xunguía a dúas vacas labradoras.
Aquelas terras da bouza están no interior de Galicia constituíndo unha enorme masa improdutiva, igual que os prados, igual que as serras, que os montes, os soutos e as leiras de labradío. Todo é igual, unha terra abandonada esperando unha retrasada mellorada.
Os veciños limpaban os camiños, rozaban canto había que rozar e andaban coa fouce na man seguido, procurando poñerlles límite ás silveiras, cantando xunto ao vello carballo, na caracocha do castiñeiro ou escoitando o falar dos paxaros e da natureza, o oulear dos lobos e esperando, cando era o tempo, polo cantar do cuco.
Os camiños estaban limpos e podíase andar por eles en zapatillas. Agora, a quen lle toca limpalos? A quen lle corresponde a tarefa de mirar por eles? De quen é aquel prado cuberto de maleza e coas súas paredes desfeitas, caídas e totalmente esborralladas? De quen son os xabarís que andan ás súas anchas fozando nas patacas? As administracións non saben nada. De todo o importante, desenténdese a estatal, despreocúpase e esquécese a autonómica e a local mira para o outro lado, organiza festas con empanadas, feitas coa zarangallada de atún que lle oferta outra administración, a provincial.
A Tía Manuela insiste, “uns por outros, a casa sen varrer”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Daniel Montero
SUEÑOS DE OLIMPIA
No al Mundial 2030, y menos con Marruecos
Xabier Limia de Gardón
ARTE ET ALIA
Mark Ritchie e a morriña das ondas
Clara Vázquez Maldonado
DIARIO LEGAL
Desde el 5 de octubre las empresas deben dar más información sobre las condiciones de trabajo
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Set de la Armada
Lo último
ARCOS Y VALDEGODOS
Tormentas y sabotajes dejan sin agua dos pueblos de Vilamartín de Valdeorras
REPARTO DE PUNTOS
Temblor del Barco en casa ante la Sarriana (1-1)
30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes