Xabier Limia de Gardón
ARTE ET ALIA
Notas á Metástase, de Xosé Lois Vázquez
Oruído da máquina comecartos espállase polo local e unha cascuda fuxe por entre as xuntas de dúas pedras de granito. Un letreiro anuncia a saída de emerxencia, pero a cascuda fuxiu precisamente polo lado contrario. Cando a máquina comecartos queda en silencio porque as moedas que lle estaba a meter un mozo esgotáronse, a cascuda asoma pouco a pouco para botar unha visual. Non hai inimigos no horizonte e baixa, entón, con parsimonia na busca de algo para levar ao seu bandullo. A entrada dun novo cliente no local fai que a cascuda zapatille cara ao seu acocho. Non volveu saír nun tempo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ELECCIÓNS MUNICIPAIS
Dous de cada tres candidatos a alcalde repiten nas cidades galegas en 2027
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
Os apaleados de Celeiros e outras nupcias
CUARTA EDICIÓN
Lobios celebra a cultura do millo coa IV Festa da Respiga