A casona de Fermín García

TRIBUNA

Publicado: 20 jul 2026 - 06:50 Actualizado: 20 jul 2026 - 11:11
Edificio Fermín García.
Edificio Fermín García.

Auriabella é, de seu, unha entidade societaria básica; a súa orixe xerouse no seu Vilar composto pola Praza Maior, a Barreira, a rúa Cervantes e as propias Burgas. Ali exercían as súas atividades principais os poderes relixioso, político e social. As súas catro fachadas son asoportaladas ben diferenciadas entre elas. A súa inclinación cara á rúa da Barreira dálle un atrativo moi especial. As familias con poderío construiron nela edificios propios conseguindo así a veciñanza.

A fachada pracega do oeste é a mais ampla e con mais empaque. Durante os séculos XIX e o XX, construíronse nela casas-comercio que marcaron época; os seus donos tiñan unha situación económica desafogada con vivendas propias onde destacan, nos baixos, o seu propio negocio.

Fermín García Villalón foi un rico comerciante de tecidos,

Natural de Villalón de Campos (Valladolid), viu a Ourense a finais do século XIX. Casa e encarga a construción dun edificio de tres alturas mais o baixo ao arquiteto Daniel Vázquez-Gulías e ao mestre de obras Juán Dariva e Fojo que figura có número cinco, na fachada oeste da praza. O proxecto consérvase no Legaxo número 13/expediente 52 do Arquivo municipal de Ourense. Este é o primeiro edificio que levantou Daniel Vázquez-Gulías no que marcou o seu estilo tan peculiar para notoriedade dun membro da burguesía de comerciantes, que moi pronto convertéronse nos seus máis importantes clientes.

Fermin instala a súa vivenda de 14 habitacións no primeiro andar que estaba unido diretamente ao bazar de quincalla do baixo. Fermín García trouxo ao seu curman Federico Cisneros Villalón para traballar xuntos ata que morreu a finais da década de 1920, quedando Federico como propietario único. Federico vivíu no terceiro andar e, morto Fermin, trasladouse, ao primeiro onde continuou a súa filla Maria Isabel Cisneros que faleceu o 18 de maio de 2020.

María Victoria Carballo-Calero Ramos, no seu libro “A transformación dunha cidade–Ourense (1880–1936)”, de esta casa tivo a ben informar: “Nun estudo urbanístico e arquitectónico que considera o Ourense de fin de seculo, non é posible prescindir dun grupo de inmobles cuxa autoría se debe a recoñecidos mestres de obras, confundidos en ocasións con mestres canteiros, o que se explica pola importancia do labor nas fachadas graníticas que configuran a arquitectura galega. Evidentemente, as variacións en planta resultan mínimas, e son as fachadas, na súa utilización dunha linguaxe diversa, indecisa, tamen rico en ambigüidades, suxeito a patróns ornamentais máis ou menos ríxidos, as que logran trasmitir ideas inherentes ao lugar, ao te mpo, a unha cultura … elementos de primeira orde a considerar na modificación da propia estrutura urbana”.

Na Praza Maior, antes Praza da Constitución, número tres (hoxe, cinco), Juan Darriva e Fojo debuxa un proxecto de variación da fachada. Sorprende o cuidado do debuxo, sobre todo no que atangue á galeria do andar segundo, que permite aprezar mesmo o estado orixinario da fachada. O arquitecto Manuel Conde Aldemira engadiu un ático con balcón corrido á praza, e respectou o deseño de milladoiros e galerías de Darriva.

O primitivo proxecto, que se verá suxeito a modificacións durante o proceso de edificación, deixa adivinar, non embargante, un claro predominio da fachada sobre o concepto global de edificio; posúe, esencialmente, unha definición ornamental de dita fachada que se manifiesta por medio dun proceso muy elaborado de readaptación dunha linguaxe tradicional.

O catro de xaneiro de 1909, Fermín García solicitou licenza da obra para reconstruir a casa número cinco da praza da Constitución, hoxe Praza Maior. Pretendeu reformar un inmoble de baixo comercial e vivenda unifamiliar. Obtivo a licenza o nove de xaneiro e a obra encargase a Daniel Vázquez-Gulias, que designa como mestres de obras a Secundino Couto Solla e a Eugenio Lorenzo Vidal, das localidades pontevedresas de Mourente e Cotobade.

Esta casa marcou, con razón, o punto de referencia e da sona orixinaria de Daniel Vázquez Gulias que foi engrandecendo nos seguintes tempos.

Continuando con María Victoria Carballo-Calero, no libro “A transformación dunha cidade-Ourense (1880-1936)” , tivo a ben informar:

“Na obra definitiva, a fachada se distribúe e organiza en función duns eixes verticais evidentes: líñas ascendentes reforzadas que rematan en pináculos entre arcos rebaixados de claves profusamente decoradas. La alternancia de balcóns, de pedra e fundición, e a seudogaleria no corpo central, con milladoiros acristalados tamén balcóns, nos laterais- outorga a esta fachada de granito un selo peculiar diferencial con solucións e propostos que van a repetir en gran número de exemplos de arquitectura doméstica posterior.

Con independencia do diálogo establecido entro ferro e a pedra, Vázquez–Gulías utiliza cerámica vidriada, pouco frecuente en Galicia, que situa baixo as fiestras do piso superior. Por fin, o ondulado remate con vans semicirculares e espazos secionados por varios maineis, remiten a unha linguaxe un tanto despersonalizado no que as citas vienesas -arquitectura de Otto Wagner- confiren certo tono cosmopolita, ainda que a Secesión é considerada en todo momento com o un modelo para unha experiencia propia.

No interior -o único na cidade que se manten intacto-, un espléndido portal con pavimento hidráulico reviste os seus muros de mosaicos planos de procedencia levantina e iconografía prerrafaelista. Diversas figuras alegóricas da poesía, o traballo e a industria, aparecen dentro de medallóns circulares entre cacharros de cerámica repletos de tallos ondulantes e caraveis, á vez que unha estreita franxa poboada de pavos reais encinta o recinto do portal proxectándose a ambos lados dun pequeno medallón que conten as iniciais do propietario. Do portal arranca unha escaleira de balaustres florais fundida en Barcelona.

O anuncio do Gran Bazar de Federico Cisneros Villalón da Praza Maior, hoxe cinco, apareceu inxerido no xornal La Voz Pública, número 472, do 12 de xuño de 1917. Nel ofrecía louza, perfumaria, cristal e zapatos mais diversos.

Esta casa acolleu o Colexio León XIII, de primeiro e segundo ensino, ofrecendo prazas para internos, medio pensionistas e externos, que dirixiu o profesor do instituto Joaquin Núñez de Couto. A Seción Feminina, nas súas Escolas do Fogar, impartía cursos de cociña. Nela tamen tiña a súa sé a Falanxe Española. No andar segundo instalaron o gabinete dental de Marie Dicker e Volodia Dainov, dentistas rusos-xudeus con grande sona na cidade; Marie era a dentista e Volodia, protésico dental; fuxiran de Rusia por cuestións políticas. Establecéronse en Auriabella en 1910 ata comezos da Guerra Civil española. Logo trasladouse ao Parque de San Lázaro. Dainow, no ano 1922, promoveu, con éxito, unha campaña recadatoria contra a fame para axudar aos nenos necesitados en Rusia. No terceiro andar, viviu o recoñecidísimo locutor de radio Pedro Arcas; o comerciante Luis Borrajo habitou no faiado. No baixo e no soto; se atopa, na atualidade, a “Sala de Exposicións Afundación”. O xardin do edifício chegaba ata a ponte das Burgas.

Contenido patrocinado

stats