Fernando Jáuregui
Homenaje (polémico) a Juan Carlos I
As autoridades académicas fixeron unha serie de axustes no nomenclátor. E como temos máis de trinta mil núcleos de poboación e 313 concellos, pois no momento inicial da autonomía empezaron, lóxicamente, pola barbaridades máis evidentes (tipo Ginzo, Barbadanes o Viana del Bollo) e quedaron para máis adiante algunhas ás que cumpría darlle unha volta. E tamén é lóxico que asentado como está arestora, se pase de novo o tema pola peneira, cunha trama máis fina -e se axuste ou cumpra axustar. Estou, por supostísimo, sempre a favor da ciencia; e como é obvio, esas autoridades académicas (Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, RAG, Universidades etc.) representan o nivel científico. Cando a Academia di que “boi” se escribe con be e “vaca” con uve, non é preciso que saibamos latín e etimoloxía senón que deixemos as cousas nas mans dos que saben. E cos topónimos, outro tal, sobre todo despois de teren pasado polo proceso de deturpación histórico coñecido. Pero tamén creo que poderían ter comunicado mellor, porque é fácil mover nun falso debate un sentimento localista errado. Lembren a frase famosa -certa ou inventada- das pelexas nas festas de principios do XX: “Vivan os de Lalín, con razón ou sen ela”. E como animais territoriais que somos, é fácil que nos obsesionemos cos marcos, sexa físicos ou de suposta intromisión na nosa identidade.
Os veciños da zona sempre dixeron “Vou ao Riós”, usando o artigo que agora se oficializa, como topónimo articulado que é, tipo O Grove, ninguén di “Vou a Grove”
En Ourense, os cambios de nomes dos concellos afectan a dous. Castro Caldelas, pasa a ser “O Castro de Caldelas” e Riós pasa a ser “O Riós”. E moi ben. Explícolles. Para empezar en Galicia hai moito castro. En concreto, 1.102 entidades de poboación levan o nome de Castro. Unhas, de forma única, 702, e outras 372 que o inclúen nunha denominación máis longa, tipo Castroverde, Castromao, Castromil, etc. Se a isto lle engadimos os que designan montes, fincas, etc., chegamos a case 4.000 puntos do territorio co nome. E aquí, claro, historias hai moitas. Por exemplo, “Castromao” chámase así desde as súas orixes. (Se vén de nome de posuidor, como di o sabio Gonzalo Navaza, ou de referencia do tamaño ou á suposta maldade do lugar, para o tema, tanto ten). Pero outros moitos, non tiveron denominación “adxectivada” orixinal, e hoxe teñen unha dobre. Unha, para os veciños da comarca que non precisan aclaración e outra para a forma oficial pois ao estar integrada en temas superiores, pode haber confusións. Un par de exemplos. Se estou comendo unhas anguías en Outarelo, na cima da Costiña de Canedo, e digo que ao acabar vou á igrexa do Castro que quero ver a vista, é escusado que diga “Castro de Beiro”. Así, os veciños de Montemiau (precioso topónimo se cadra dun posuidor medieval Emiliano), ou se eu mesmo se estou comprando unha bica en Sas de Penelas, e digo que vou “Vou ao Castro a comprar outra bica”, enténdese, claro, que me gusta moito a bica e que vou á localidade capital da terra de Caldelas, polo que o nome oficial, é lóxico que inclúa esta denominación “O Castro de Caldelas” -que e, por certo, como se titula o discurso de Risco de entrada no Seminario de Estudos Galegos-. Isto pasa con todos os nomes que se repiten. Desde o máis frecuente en Galicia -O Outeiro, 1.621 aldeas, O Outeiro de Rei, O Outeiro da Orraca- ou Calvos: Calvos de Randín, Calvos... onda o polígono, etc.
O Riós. Os veciños da zona sempre dixeron “Vou ao Riós”, usando o artigo que agora se oficializa, como topónimo articulado que é, tipo O Grove, ninguén di “Vou a Grove”. O Navaza di que vén dun “rivos” latinos, pola abundancia de regatos e auga na zona. Se os que non somos de preto tendemos dicir “A autovía pasa preto de Riós” é só porque lle amputaran o artigo no nome. Así que mellor que o leve para que os que non somos da zona saibamos chamarlle como lle chamaron eles desde que o mundo é mundo e O Riós, O Riós.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
REGRESO A LA TIERRA
🔴 Directo | La misión Artemis II aterriza tras diez días alrededor de la Luna
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 11 de abril
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: sábado, 11 de abril