Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Cinco hombres y una mujer en la mesa
O 3 de marzo de 1985, o Sindicato Nacional de Mineiros do Reino Unido votou a favor do remate da folga que durara un ano. Os mineiros rendéronse e a opinión pública apoiou a Margaret Thacher (1979-1990), líder do Goberno conservador.
O efecto do “Informe Ridley” foi demoledor e Thacher aplicouno practicamente o pé da letra. Ridley analizaba a rendabilidade das industrias nacionalizadas que xeraban cuantiosas perdas para o erario e propoñía unha serie de medidas que, a curto prazo, restarían poder ao movemento obreiro e permitirían que o libre mercado solventase os problemas económicos.
O capitalismo gañou unha importante batalla que, traducida en medidas económicas e políticas, permitía facer máis ricos ós ricos, sen prexudicar as clases medias, ao tempo que se destruía a estrutura reguladora do Estado. Entre outras medidas, destacou a desregulación do mercado, que supuxo a flexibilización das normativas comerciais e financeiras para estimular a libre empresa e o investimento privado, vía libre para os paraísos fiscais, redución dos controis sobre o mundo financieiro e establecemento de mecanismos der autorregulación.
Os Estados perderon poder e as multinacionais e os sectores financeiros impuxeron as súas normas, sen que as institucións puidesen ordenar e dirixir as transaccións internacionais das empresas e dos capitais.
Paralelamente ás medidas adoptadas no RU a partir do “Informe Ridley”, o triunfo de Ronald Reagan (81-89) consolidou en EEUU políticas conservadoras, tanto económicas como de relacións internacionais, coincidentes coas da Dama de Ferro, denominadas “Reaganomics”, consistían en aplicar recortes masivos de impostos, desregulación económica e redución do gasto público en programas sociais, para estimular o libre mercado. Como consecuencia da desregulación, introduciuse a autorregulación. Os Estados perderon poder e as multinacionais e os sectores financeiros impuxeron as súas normas, sen que as institucións puidesen ordenar e dirixir as transaccións internacionais das empresas e dos capitais. Os paraísos fiscais aplican as leis a quen queren e a quen poden e a quen hai que eliminar, esencialmente a quen se atreve a cuestionar a orde natural da verdade absoluta dos auténticos inimigos da ética e da dignidade.
Nun mundo onde a Lei se converte nun valor relativo, interpretada por quen ten poder para executala, e onde o neoliberalismo se converteu na ideoloxía dominante mentres os lobis controlan os mercados, os efectos colaterais non son máis que anécdotas que enturban algún instante dunha euforia coidadosamente controlada.
A caza do home (vale todo):
-A peza: Pedro Sánchez. O mellor presidente de Goberno da historia de España, afirma o empresario Xabi Berneda.
-Cazadores na sombra: Donald Trump, Benjamin Netanyahu, Joseph Oughourlian (sionista), fondos de inversión, Grupo Amber, dono de El País e la SER…
-Cazadores furtivos: Felipe González, Alfonso Guerra, José María Aznar, Núñez Feijóo, túnicas negras, verdes montañas, Santiago Abascal.
-Palomas mensaxeras: Peste, gripe, Musk, Buffett…
-Servizos secretos: Israel (Mossad), EEUU (CIA), España (UCO).
Conclusión: cando o león ruxe, a fariña non é solución.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Cinco hombres y una mujer en la mesa
Benito Iglesias
MI PLAN PERFECTO
El placer de hacer poco, y despacio
Miguel Abad Vila
TRIBUNA
El otro partido
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Batalla de las Navas de Tolosa
Lo último