José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Cemiterios en Ourense (e II)
DIARIOS DO PASADO
O sábado pasado escribía, de forma moi resumida, sobre a historia dos cemiterios en Ourense dende o primeiro asentamento romano. Diciamos que aínda non apareceron os enterramentos máis antigos, os de incineración, con cronoloxías entre o cambio de era e o s. III d. C., entón situados fóra das cidades. Daquela rexía a Lei das Doce Táboas, de mediados do s. V a. C., que prohibía inhumacións e cremacións no interior da urbe -“Hominem mortuum in urbe ne sepelito neve urito”- para evitar incendios e, ao tempo, preservar a salubridade pública. Pero que non apareceran, non quere dicir que non existiran, porque si se descubriron na outra beira do Miño.
Para eles o corpo é obxecto de respecto, incluso veneración
Todas as sepulturas descubertas ata agora son de inhumación e tardías, do s. IV d. C. en adiante. Vese que co transcorrer dos séculos aquelas primeiras prohibicións reláxanse e as tumbas comenzan a prodigarse dentro do perímetro urbano. O cambio ritual da incineración á cremación semella consolidarse no s. IV. Desa época son as tumbas que escavei na Trindade en 1992, asociadas cunha moeda de Constantino II, igual que a recentemente descuberta por E.B. Nieto no Posío. Non debemos desbotar que no crecente uso da inhumación tamén influíra o Cristianismo, en forte ascenso a partires de Constantino I co fin das persecucións. Para eles o corpo é obxecto de respecto, incluso veneración, en canto a que é “Templo do Espírito Santo”, así como a crenza da “Resurrección da carne” a imitación de Xesús, ideas que xa recollera San Pablo nas súas epístolas, respectivamente, a corintios e romanos. Doutra parte, o s. IV soe considerarse como o inicio da decadencia do imperio e a dos seus conxuntos urbanos. Tamén de Ourense. Máis os achados arqueolóxicos van en dúas direccións. Temos dous exemplos paradigmáticos: no soar 2-4 da rúa de Julio Prieto, L. Cordeiro descubriu unha sepultura asentada sobre as ruínas dun edificio preexistente, no lugar, anunciando un cambio de uso do lugar. Sen embargo, a escavación de C. R. Cao nas Burgas permitiu observar como as sepulturas situábanse nun recuncho sen construír entre os dous edificios termais, posiblemente en desuso. O “Digesto” -compilación legal de Xustiniano, de 533 d. C.- consideraba que proxectar o beirado dunha casa o sobre unha tumba era tan grave como violala, polo que se deduce que a cohabitación de tumbas e vivendas debía ser entón bastante frecuente.
Tal feito consolidase no medievo, cos cemiterios ao redor da catedral, da Trindade e doutros centros relixiosos
A localización das tumbas dentro ou fóra da cidade é un dato de gran interese en relación coas sociedades de cada momento, Vimos que nos primeiros séculos de Roma non se podían emprazar tumbas no interior da cidade, entre outras causas, por motivos de salubridade pública. Iso cambia, como aquí comprobamos, a partires do s. IV, convivindo lugares habitados e sepulturas. Tal feito consolidase no medievo, cos cemiterios ao redor da catedral, da Trindade e doutros centros relixiosos. Pero as cousas mudan outra vez coas teorías médicas hixienistas da Ilustración, que ven a enfermidade como un produto social, teorizando causas epidemiolóxicas debido á progresiva concentración da poboación de mortos e vivos nas cidades. Así o novo cemiterio, denominado necrópole -cidade dos mortos- afástase do espazo urbano ata San Francisco en 1834. A última necrópole planificada de Ourense, inaugurada en 1993, tamén se despraza das zonas habitadas ata Santa Mariña. Vexan como os ritos e usos funerarios son de gran interese para coñecer a nosa historia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Cemiterios en Ourense (e II)
Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
“Ruega por nosotras”
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
La España insólita
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
No inventamos nada
Lo último
EFICIENCIA ENERGÉTICA
El balneario de Arnoia testará un plan de ahorro energético
INVERSIÓN DE 1,25 MILLONES
El plan de salud mental de la Xunta prevé 48 profesionales y dos nuevas unidades en Ourense
PRIMERA FEDERACIÓN
La UD Ourense necesita hacerse fuerte ante el Mérida en O Couto