Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
“Ruega por nosotras”
¡BUONE VISIONI!
Daniel Monzón é un dos directores que máis revitalizou o cine de xénero -especialmente o thriller e o quinqui- nos último vinte anos en España. Na súa filmografía atopamos películas notables e moi recoñecidas como “Celda 211” (2009), “El Niño” (2014) ou a última “Las leyes de la frontera” (2021), gañadora de 5 Premios Goya, incluíndo o de Mellor Actor Revelación para o ourensán Chechu Salgado. Monzón sérvese dos marcos do cinema negro para contar historias moi españolas. Outra peculiaridade do seu traballo está nos procesos de guionización e localización. As súas películas son o resultado dunha investigación bastante profunda que aporta veracidade e naturalismo ás súas narracións.
O seu último filme, “Ruega por nosotras” está baseado en feitos reais relacionados co Patronato de Protección a la Mujer, unha institución franquista que seguiu activa despois da ditadura, ata mediados do anos oitenta, en plena democracia. A misión deste organismo dependente do Ministerio de Justicia de España, era supostamente a de ‘‘dignificar a moral da muller’’, apartala do ‘‘vicio’’ e ‘‘redimila’’ baixo unha ríxida disciplina católica. As mulleres, entre 16 e 21 anos, eran detidas e recluídas sen ter cometido ningún delito penal. Só quedaban alí por non someterse a un modelo de feminidade imposto polo réxime e a sociedade, e a maioría destes reformatorios estaban xestionados por congregacións de ordes relixiosos de monxas.
“Ruega por nosotras” é un filme de denuncia social necesario
Así é un dos centros que nos describe Daniel Monzón na película. “Ruega por nosotras” está ambientada no ano 1974 e centrase na historia de Ana (Zoe Bonafonte), unha moza de 19 anos que vive en Barcelona e que -aos ollos da súa acomodada familia relixiosa- compórtase como unha moza rebelde. Ana é trasladada a Madrid para logo ser internada e sometida a un brutal réxime disciplinario. No centro, ademais de tratar de sobrevivir, busca o apoio e a amizade doutras mozas. Especialmente conecta con Sole (Manuela Calle), unha adolescente cunha vitalidade contaxiosa...
“Ruega por nosotras” é un filme de denuncia social necesario. É un drama feminino que visibiliza unha realidade silenciada sobre a represión e o control ás mulleres. O cineasta afástase do thriller. Aquí non hai ningún asasinato, aínda que “Ruega por nosotras” non deixa de ser unha historia de abusos e de violencia institucional bastante terrorífica. Polos temas tratados dalgún xeito lembra a “Las hermanas de la Magdalena” (2002) de Peter Mullan. Aínda que a violencia que teñen que subir as mozas non é tan explícita e sádica como no filme do cineasta irlandés. Ademais Monzón utiliza un estilo máis coidado, con movementos de cámara fluídos, lonxe do ‘‘realismo sucio’’ utilizado por Mullan.
“Ruega por nosotras” non renuncia á ironía e á crítica social e faino a través da música. O tema de Los Diablos, “Fin de semana”, que se escoita ao principio do filme ademais de ser lembrado noutras escenas, convértese nunha ferramenta para evidenciar un choque cultural, e o papel das mulleres dentro deste contesto de cambio. Á maioría das mulleres non lles foi permitido participar neste despertar xuvenil e pop que explotou no tardofranquismo. De feito estes reformatorios seguiron existindo ata o 1985. Foi por un baleiro legal deliberado, sobre todo porque o modelo de familia tradicional e patriarcal non morreu coa ditadura. Isto é o dato quizais máis aterrador, e fai que películas como esta sexan, ao día de hoxe, de visión case obrigatoria.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
“Ruega por nosotras”
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
La España insólita
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
No inventamos nada
Sergio Otamendi
CRONICA INTERNACIONAL
Ucrania: se enredan las negociaciones
Lo último
INVERSIÓN DE 1,25 MILLONES
El plan de salud mental de la Xunta prevé 48 profesionales y dos nuevas unidades en Ourense
PRIMERA FEDERACIÓN
La UD Ourense necesita hacerse fuerte ante el Mérida en O Couto