Centenario da morte de Filomena Dato

TRIBUNA

Publicado: 26 feb 2026 - 06:36
Filomena Dato.
Filomena Dato. | La Región

Filomena Dato Muruais naceu o 26 de xullo de 1856 no nº 10 da rúa ourensá de Cervantes que era propiedade da familia Gallego da que formaban parte a arquiveira Olga Gallego Domínguez e os seus irmans Pilar e Luis. Bautizáronna o 27 de xullo na parroquia de Santo Domingo. Tamén viviu nas ourensás rúas do Vilar, no número 6 da praza da Constitución (hoxe Praza Mayor), Hernán Cortés, fronte a casa do seu benquerido amigo Lamas Carvajal e no número 64 de Santo Domingo.

Filomena tivo catro irmáns aos que estivo vencellada, sendo ela a maior: Juan, médico militar; José, tamen militar, que chegou ao rango de tenente coronel en Compostela e foi xuiz instrutor dos tristes acontecementos acaecidos co gallo do traslado do baldaquino no mosteiro de Oseira, en 1909, onde morreron varios veciños; Aurelia e Maravillas.

A personalidade poliédrica de Filomena, sociabilidade, cultura e sensibilidade logrounas amosar na súa obra poética que foi recoñecida en numerosos Xogos florais; consideráronna a digna sucesora de Rosalía de Castro
Esquela de Filomena Dato inserida no xornal ourensán La Región con data 27 de febreiro de 1926 (Fonte: Arquivo Municipal do Concello de Ourense).
Esquela de Filomena Dato inserida no xornal ourensán La Región con data 27 de febreiro de 1926 (Fonte: Arquivo Municipal do Concello de Ourense). | La Región

Filomena Dato morreu o 26 de febreiro de 1926 en Moruxo (Sada), sendo enterrada no cemiterio de San Vicente. O actual cura párroco testemuñou o enterramento da poeta:

Que en el libro 33 correspondiente a defunciones, al folio 48 se halla una partida, que literalmente dice:

En el cementerio parroquial de la filial de San Vicente de Morujo a veintisiete de Febrero de mil novecientos veintiséis, se dio sepultura al cadáver de Doña Filomena Dato Muruais de sesenta y nueve años, hija de José Dato Granados y de Dª Juana Muruais Pérez, de estado soltera. Falleció a las cuatro horas del día de ayer a consecuencia de «Coma-diabético». Recibió el Santo Sacramento de la Santa Extremaunción que le administró el Coadjutor Don Juán López Dapena, no recibiendo los demás por imposibilidad. Y lo firmo. Lic. Tadeo Castelos Sánchez (Rubricado)”.

No Rexistro Civil de Bergondo ao folio 66 atópase o asentamento do pasamento de Filomena Dato di.

Nome e apelidos: Dona Filomena Dato Muruais filla de Don José e Dona Juana”.

O texto é o seguinte:

Parroquia de Morujo. En Bergondo, provincia de La Coruña, á las once horas del día veintiséis de febrero de mil novecientos veintiséis.

Ante D. Juan Zapata Monteiro, Juez municipal y D. Ramón Autrán Carballo, Secretario, se procede a inscribir la defunción de Doña Filomena Dato Muruais, de sesenta y nueve años de edad, natural de Orense, provincia de Orense hija legítima de D. José Dato Granados y Doña Juana Muruais Pérez, domiciliada en el lugar de Morujo, parroquia de San Vicente de Morujo, de profesión sus labores y de estado soltera, sin que le quedase sucesión, falleció en su domicilio el día de hoy á las cuatro horas a consecuencia de «Coma diabético» según resulta de certificación facultativa y reconocimiento practicado y su cadáver habrá de recibir sepultura en el Cementerio de San Vicente de Morujo.

Esta inscripción se practica en virtud de manifestación verbal de D. Francisco Patiño Dato, mayor de edad, casado, empleado, vecino de la Coruña, sobrino de la finada consignándose además que otorgó testamento ignorándose la fecha y Notario autorizante. Habiéndola presenciado como testigos D. José Pérez Quintián y D. Fernando Mahia Gómez, mayores de edad y vecinos de San Juán de Ouces.

Leida esta acta, se sella con el de este Juzgado y la firman el Sr. Juez, los testigos y el compareciente.

Rubricado Juan Zapata e Francisco Patiño Dato”.

Abonda dicir que non se pode sinalar o lugar físico do enterramento de Filomena, que era o mesmo que o da súa irmá Maravillas, nin do escritor Xoán Manuel Viqueira porque o cemiterio de Moruxo foi reformado nos anos cincuenta do século XX e tampouco se conserva a lápida conmemorativa.

O xornal ourensan La Región inclúiu o mesmo día a nova da morte de Filomena Dato ademáis da esquela que acompaña a este texto:

No cemiterio de Morujo recibiu sepultura o cadáver da venerable Filomena Dato, cuxa desaparición lamenta Galicia enteira.

O acto, sinxelo, revistiu unha grande solenidade. Todos os campesinos da comarca mariñana acudiron a acompañar os restos dunha persoa a quen querían entrañablemente pola súa bondade. Da Coruña acudiron o alcalde Sr. Casás có secretario do Concello, o presidente da «Reunión de Artesans» Sr. Estrada, o da Academia Galega, Sr. Ponte, con varios académicos, moitos xornalistas e outras persoas sinificadas. Figuraban tamen na presidencia do cortello fúnebre o alcalde de Sada o notario de Betanzos Sr. Alguero con outras personalidades da mesma cidade.

O alcalde da Coruña depositou flores sobre a tumba da esclarecida poetisa e dedicou palabras moi sentidas á súa memoria.

SADA.- O alcalde da Coruña mailos representantes da Prensa e a inteletualidade coruñesa no intre de dárselle sepultura aos restos mortais da ilustre poeta dona Filomena Dato Muruais. Fa. Nuñez Díaz. (Fonte «Vida Gallega» nº 298 de 10-marzo.1926).
SADA.- O alcalde da Coruña mailos representantes da Prensa e a inteletualidade coruñesa no intre de dárselle sepultura aos restos mortais da ilustre poeta dona Filomena Dato Muruais. Fa. Nuñez Díaz. (Fonte «Vida Gallega» nº 298 de 10-marzo.1926). | La Región

A personalidade poliédrica de Filomena, sociabilidade, cultura e sensibilidade logrounas amosar na súa obra poética que foi recoñecida en numerosos Xogos florais; consideráronna a digna sucesora de Rosalía de Castro; ámbalas dúas foron as únicas mulleres que publicaron un libro en galego no século XIX, “Follatos”, publicado en Ourense, en 1891. A poesía de Filomena Dato de mais soma titúlase “Defensa das mulleres” premiada nos Xogos Florais de Ourense, en 1877, á imitación doutra do Padre Feijoo có mesmo nome da súa obra tratou o ámbito do que o ser humano que demanda.

Non debemos esquecer o seu compromiso coa muller e a poesía; sempre reivindicou ese seu feminismo que permanece firme, real e vixente na actualidade! Integrouse nos cenáculos dos seus curmans, os Muruais, en Pontevedra, na casa do Arco. Valentín Lamas, Curros Enríquez, Murguía, Marcelo Macías, Sofía Casanova, Emilia Pardo Bazán, Heraclio Pérez Placer, Valle-Inclán e Miguel de Unamuno, ou na tamén pontevedresa botica da Peregrina onde existía un testemuño moi peculiar, o loro Ravachol. Todos conformaron a nómina dos seus numerosos amigos.

Contenido patrocinado

stats