Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
Vai chover, carallo
CASTELLUM HONESTI
Confésolle ó lector que levo dende a pasada semana matinando polo miúdo sobre o corpo deste artigo. Durante este tempo, as ideas rebuliron na miña cabeza rápidas, moi rápidas -eu diría que, as máis das veces, cunha velocidade de verdadeira vertixe-, impedindo que atopase un fío condutor que fose quen de plasmalas en frases e parágrafos coherentes, capaces de dotar de sentido a aquilo que desexaba expresar. Tódolos que, coma min, se dedican á nobre e valente tarefa de deixa-las súas reflexións por escrito, sometidas tanto ó xuízo de quen as le como á sentenza inapelábel da historia -neste intre acode ó meu maxín o INRI que coroaba a cruz de Xesucristo- ben saben que hai situacións nas que, durante o proceso de creación, os pensamentos xorden cunha intensidade e mais cunha desorde -en ocasións case poderíamos cualificala de caos- que dificulta moito a súa organización lóxica nun texto congruente, sempre que non somos quen de atopa-lo eixe que lles confira a cobizada cohesión.
Foi precisamente ese proceso de procura do guieiro máis acaído para o escrito o que, ó tempo que revisaba polo miúdo unha manchea de novas e documentos co gallo de preparar unha iniciativa parlamentaria, me levou a reparar na internet nunha imaxe de Ana Pontón intervindo na tribuna de oradores do hemiciclo galego; unha escena que vivira había tan só uns días en directo durante a comparecencia na cámara de decisión dos galegos e na que, a petición propia, o Presidente da Xunta de Galicia deu conta da xestión gobernamental da vaga de lumes que sufriu o noso país durante o mes de agosto.
Na devandita imaxe, a voceira nacionalista sostiña, coa man dereita, un chaleco amarelo empaquetado e, polo tanto, aínda sen estrear; isto é, noviño do trinque, como lle gustaba dicir ó prófugo do socialismo galego, Pachi Vázquez. O certo é que no torpe xesto que, na miña opinión, amosaba esa foto, fun quen de adiviñar tamén unha metáfora perfecta do que constituíra a súa verdadeira achega e implicación patrióticas na realidade dun episodio desgraciado para os galegos; un momento crucial no que -máis aló das mobilizacións dirixidas nas rúas e os incendios provocados nas redes (a)sociais- nin ela, nin tan sequera os seus acólitos, foron quen de estrearse botando unha man.
Alfonso Rueda se ben entrou no hemiciclo galego coma o Presidente de Galicia, non é menos certo que o abandonou
Asemade, lembrei como outro chaleco amarelo -neste caso si desempaquetado e moi usado- se me presentara ó longo daqueles días negros baixo a forma dun símbolo que, como adoita ocorrer nestes casos, superaba a súa esencia primixenia e maila súa funcionalidade material de equipo de seguridade. Estoume a referir ó que utilizou Alfonso Rueda durante tódalas xornadas da crise e que, máis aló de ser unha prenda obrigada para determinadas situacións, condensou varias ideas a un tempo: por unha banda, representou unha presenza institucional activa, continua e visíbel, froito da preocupación polo que estaba a acontecer na súa terra; por outra, supuxo a firme constatación da complicidade dun presidente con tódolos bombeiros forestais, brigadistas, voluntarios e veciños, que estaban a lidar coa voracidade dun lume que ameazaba vidas e propiedades e, finalmente, certificou que o liderado dun pobo se evidencia, sobre todo, nos momentos de maior adversidade.
Por iso, hoxe, mergullado nesa mestura de pausa e equilibrio que me proporciona o silencio reflexivo do meu escritorio, penso que aquel día, o do debate a petición propia sobre a vaga de lumes que padeceu a nosa terra no mes de agosto, Alfonso Rueda se ben entrou no hemiciclo galego coma o Presidente de Galicia, non é menos certo que o abandonou, cun chaleco de cor amarela no maxín, convertido nun verdadeiro e firme líder de tódolos galegos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
Vai chover, carallo
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Aquí no dimite nadie
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Lembranzas de Otero Pedrayo no centenario da Guía de Galicia
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Blas de Lezo
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 4 de febrero
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 4 de febrero
PARA RESCATE Y EVACUACIÓN
La UME despliega 250 militares y 90 vehículos especializados en Huelva, Cádiz y Granada ante el temporal