Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Trump hace trampa en Oriente Medio y El Golfo
PINGAS DE ORBALLO
Ela chámase María Corina Machado. Ela é a principal líder da oposición ó chavismo. A ela déronlle o premio Nobel da Paz. Ela quixo compartir tal galardón con Donald Trump. Este, Donald Trump, é o presidente de Estados Unidos. Este, Donald Trump, leva tempo ansiando, ambicionando, anhelando, arelando, cobizando, degoxando, devecendo e desexando o premio Nobel da Paz.
Hai uns días, ela, María Corina Machado, compartiu con el, Donald Trump, o premio Nobel da Paz... “en gratitude polo seu extraordinario liderado para promover a paz”. El, Donald Trump, bombardeou o país dela, de María Corina Machado. El, Donald Trump, puxo en boca dela que “ninguén na historia merece este premio máis que vostede”.
Quizais sexa o meu entendemento o que queda curto, ou aparvado, ante a actitude dela, de María Corina Machado.
O esperpento acada tal dimensión que un xa non sabe se rir ou levar as mans á cabeza. Entendo -ou trato de entender- que tal merecemento deberá responder ós continuos bombardeos que, el, Donald Trump, realizou non só sobre Venezuela, senón sobre varios países máis, xa debidamente enumerados noutros Pingas de Orballo. Quizais sexa o meu entendemento o que queda curto, ou aparvado, ante a actitude dela, de María Corina Machado. Quizais sexa eu quen non acada a discernir tan elevada postura, tan refinada concepción da paz por parte dunha suposta premio Nobel.
Compre lembrar que o premio Nobel non pode ser revogado, compartido nin transferido a outras persoas, segundo establecen as normas do Instituto Noruegués dos Nobel. Diante disto, só caben dous apuntes finais: que, ela, María Corina Machado, saíu do niño e botou a palla fóra -é dicir, saíuse de nai- ou ben, os do Nobel, a ver se escarmentaron algo e o pensan dúas veces antes de outorgar un galardón que, visto o visto, corre serio risco de converterse nun chiste de mal gusto.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Trump hace trampa en Oriente Medio y El Golfo
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
Para cando pasear pola alameda?
Xoán Antón Pérez-Lema
A trampa da alta velocidade radial
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
Prestige
Lo último
RECLAMAN MÁS ZONAS VERDES
La revegetación de Otero Pedrayo levanta críticas de los vecinos
La Región
No todo es cuestión de azar
Tras finalizar a medianoche
El pleno de Barbadás pasa al turno de mañana