Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
A xustiza tardía vale pra pouco
TÍA MANUELA
Choraba como un tolo e nunca pasaba nada. Outros rían como tolos e moitos esperaban, agardaban a ocasión para chorar desesperadamente, como se cada un deles fose unha alma en pena saltando polas alturas, polos cumes de Pena Trevinca, Punta Negra ou Pena Surbia. Naquelas alturas están os lagos glaciares de O Celo e da Lagoa da Serpe. Todos chorando e os tolos, tódolos tolos do mundo, expectantes, mirando e recreando as súas miradas.
El viña das antípodas, dun dos puntos xeográficos máis distantes do planeta, en Nueva Zelanda, a uns vinte mil quilómetros de distancia de onde estamos. Doutro lado do mundo, para os tempos de hoxe, lonxe e cerca á vez. Baixouse do avión en Lavacolla e foise correndo ao centro de Santiago, para rezar algo (do que soubese) diante do Apóstolo e decontado dirixirse á taberna para comer un caldo de verzas ou de grelos, beber un xerro de viño e marchar para ver o seu lugar, onde o agardaban.
Unha magnífica ocasións para que Anxélica da Porteleira explicara aos seus netos as andainas que fixera con aquel home polos arredores do lugar.
Alí, os seus parentes, a veciñanza e os amigos prepararon a festa. Unha festa rachada, moi animada, intensa, desinhibida, con moita alegría e troula. Todos a bailar e a cantar as cancións que a el lle gustaban, as que lles gustaban a todos os que as acordaban. Foi un pracer enorme para os novos e para os vellos. Unha magnífica ocasións para que Anxélica da Porteleira explicara aos seus netos as andainas que fixera con aquel home polos arredores do lugar.
Aquí está -dixo ela- máis vello, pero tal como era hai setenta anos, tan fermoso e con esa risa contaxiosa na boca, nos ollos e na cara. “Anxélica, esta neta túa, tan guapa e tan bela, é igual que ti eras”. A nena, co seu sorriso de amencer, faise dona daquela noite de gloria, escoita a avoa, chora con ela e alumea os pasos cara a casa, deixando aberta a porta para volver.
A dureza da emigración é grande e recóllena nos seus textos varios autores de poesía e de prosa. O regreso é como é, pero nada é como era antes de partir. Nada! A terra non ten a mesma cor, o pan non sabe igual, doe a nostalxia e por máis que se agranden os letreiros, non se entende o seus contido, non se sabe que queren dicir. Hai que pasar o día traballando, traballar tamén de noite e se queda algo de tempo para pensar, é para pensar exclusivamente en volver. Ou para chorar, como un home ou como un tolo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
A xustiza tardía vale pra pouco
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Un manifiesto con onda expansiva
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
Groenlandia
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Chorar como un tolo
Lo último
MEJORAR LA MOVILIDAD EN OURENSE
El PSOE reclama el soterramiento de Otero Pedrayo
DAÑO CEREBRAL ADQUIRIDO
La Diputación destaca el papel social de DCA Ourense
EL JUEGO ALEGRE
Ontime: el matiz es cuestión de goles (a favor)
INVESTIGACIÓN EN MARCHA
Los banqueros centrales apoyan la labor de Powell en la Fed