Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
Aproveitando que aínda faltan uns minutos para xantar, collo unha daquelas latas de sardiñas de a quilo e énchoa de millo. Vou á aira na procura da media ducia de pitas que teño por alí peiteando. Churras, churras, churras! Pitas, pitas, pitas! Non aparece nin a primeira. Onde carallo se meteron? Sigo chamando por elas e nada.
Achégome á horta que ten alí cerca o Secundino da Genovena, por se por un casual conseguiron entrar e andan á busca e rebusca de miñocas e diversos bichos. Churras, churras, churras!, berro. Pitas, pitas, pitas!, volvo berrar, e nada. O asunto xa empeza a amolarme. Que non apareza ningunha xa me fai andar coa mosca na orella. Elas, que xa me coñecen incluso polos pasos, e que se plantan nun amén ós meus pés porque saben que, cando as chamo, é que algo levo; ou millo, ou verzas, ou sobras de comidas. Elas tragan todo.
Tanto os de emerxencias como a garda civil chegaron con todas as da lei, ou sexa, armando un batifondo, coa correspondente rexouba deses veciños
Volvo á aira e sigo a chamar por elas. Nada. Como non teño a quen lle preguntar (somos tres veciños mal avidos), opto por poñer xa, canto antes, pé no asunto. Chamo ós servizos de emerxencia e á garda civil. Tiveron que roubarme as pitas; non hai outra. Mentres non chegan, sigo coa ladaíña de churras, churras, churras!; pitas, pitas, pitas! Pero eu mesmo recoñezo xa que non aparecerán.
Tanto os de emerxencias como a garda civil chegaron con todas as da lei, ou sexa, armando un batifondo, coa correspondente rexouba deses veciños. As autoridades, nun dicir que si, comunicáronme de que estaban confinadas. Quedei pampo e sen saber reaccionar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
Itxu Díaz
USOS Y COSTUMBRES DEL VERANO
Los selfies de la comida: el gran juego del postureo de verano
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Aquella entrevista a Jaime Noguerol, periodista adelantado de aquel tiempo
Julián Pardinas Sanz
España, mucho más que una selección de fútbol
Lo último
FÚTBOL SALA
El Ontime, de vuelta en cancha
MÁS DE 80.000 EUROS
El Concello de Verín, sancionado por vertidos sin depurar al río Támega
DEBERÍA ESTAR LISTO EN 2029
Luz verde al nuevo acceso al CHUO desde la N-565