Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Laxe repite en Cannes. O cineasta galego, que xa gañou neste Festival de Cinema o premio Fipresci con Todos vós sodes capitáns (2010) e mais o recoñecemento da crítica coa súa segunda longa, Mimosas (2016), compite desta volta cun terceiro traballo: O que arde. Oliver Laxe est un cinéaste gallicien formidable, afirmou rotundo Thierry Frémaux para informar o público que a peli do galego estará presente na sección “Un certain Regard”. Comparto a opinión de Frémaux. Laxe é, en efecto, un artista do que Galiza pode sentirse orgullosa. Estar tres veces nun dos festivais máis prestixiosos do mundo é xa un premio dos gordos para el, mais tamén para nós que, obviamente, lle desexamos o mellor.
Viendra le feu, ese é o título que se lle deu en francés, permitirá que un filme sexa proxectado en Francia no noso idioma. O galego será pois escoitado na sala de proxección do Festival de Cannes pola flor e nata do cinema internacional. Cómpre entón celebrar o éxito de Laxe e deixar claro que é moi merecido. Éo por dúas razóns evidentes: o esforzo que lle supuxo realizar cada película e a singularidade do seu traballo. Todo o que leva feito Laxe ata o de agora amosa unha intelixencia emocional poderosa e moita creatividade. Supoño que parte desta imaxinación do autor procede da súa loita persoal por manter a salvo a capacidade de asombro e intentar mirar con fe cada proxecto. Tamén da humildade e transparencia que se percibe nas súas palabras e actitudes. A capacidade de autocrítica de Oliver lévao á procura desa “digna submisión” que tanto admira naquelas persoas que saben asumir e aceptar aquilo que lles sucede e que, por diferentes causas, non sempre poden mudar. Isto é doado de dicir, mais moi difícil de levar á práctica.
Normalmente opoñemos resistencia ao que non nos gusta da nosa vida e ficamos varadas/os cando o mellor sería, en moitos casos, soltar lastre. Paréceme interesante dar conta desta teima do director -aceptar que pode ser “pequeno”-, porque creo que nela radica gran parte desa creatividade que o caracteriza. Estamos ante un dos mellores autores do Novo Cinema Galego que non se quere cínico, nin resabido, así é que non dá por suposto o seu talento e persevera en aprender.
Amante das boas conversas, humilde e natural, este artista achégase ás persoas con delicadeza e parece ter nas súas mans “o segredo” do éxito. Cal pode ser este segredo? Ao meu ver, a chave de todo consiste en engadir ao talento e esforzo algo determinante: o entusiasmo. Laxe é un tipo inspirado que desfruta co que fai. Pon o corazón en cada filme. Así de simple, así de complexo. Bravo por el!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El empedrado medieval de la ciudad vieja
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Lo último