O cinema, Carlos Velo e o Liceo

Publicado: 18 oct 2026 - 03:10
Opinión en La Región
Opinión en La Región | La Región

Xa hai bastante tempo que non encontramos artigos que falen sobre os recursos didácticos que teñen pais, mestres e profesores, para que os nenos e nenas aprendan dun modo natural. A través do xogo, das imaxes ou de traballos manipulativos como o coleccionismo. Parece que agora só existen as redes sociais e as plataformas de xogos “on line”. Parece que as demandas xa non son as de antes: xogar no parque, enfouzarse na terra… e cousas así. Parece que imos vellos e todo o clásico entrou en tempo de caducidade. Parecer, parece, pero, como sempre as cousas non son só branco e negro, aínda que moitos as vexan así. Nas escolas desta Comunidade Autónoma aínda se traballa cos recursos necesarios para que a aprendizaxe sexa o máis completa posible. Técnicamente falamos dunha aprendizaxe integral. Desde as primeiras etapas o alumnado ten unha atención precisa nas áreas artísticas; as mesmas que nos anos da EGB estaban moi descoidadas e desprestixiadas. Dentro desas artes está o cinema como un área transversal. É por iso que todo a alumnado en xeral queda fascinado dos films dos clásicos. Todos podemos lembrar as facianas dos nenos e nenas vendo films de Charles Chaplin, Harold Lloyd ou Buster Keaton nas crónicas das Misións Pedagóxicas na II República. En calquera caso, para os que non tiveron ocasión de velas, pódense contemplar no Museo Reina Sofía ou na Residencia de Estudantes en Madrid.

Entre as novidades do programa está o documental “O home e o carro” do Xocas e Antonio Román.

Por outra parte, na cidade de Ourense, temos aínda algún recuncho para difrutar do cinema. Na próxima semana, os días 19 e 20 de outubro de 2026 temos a oportunidade de seguir aprendendo de Carlos Velo. Baixo a colaboración da Fundación Carlos Velo e o Liceo de Ourense, chegamos á VII Foro. Contaremos coa visita da neta do cineasta, Laura Gardós Velo, que comentará cortametraxes da súa autoría. Ela é unha recoñecida directora de cine en México e unha tertuliana habitual nestes foros. Entre as novidades do programa está o documental “O home e o carro” do Xocas e Antonio Román. Unha lembranza dos traballos dos labregos, artesáns e mesmo carpinteiros especializados. Unha cortametraxe que todo galego debe coñecer, e os nenos e as nenas tamén poden disfrutar. Cando nas letras galegas deste ano 2026 a Fundación Velo facilitounos a proxección no Ceip O Couto, o éxito foi impresionante. A Fundación Carlos Velo está presidida por Carmen Leite e cun patronato integrado polo Concello de Cartelle e a Deputación de Ourense segue rescatando xoias do cinema que moitas veces esmorecen no solpor.

Contenido patrocinado

stats