Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
¡Buone visioni!
O cinema galego segue recollendo éxitos, tanto en salas de cinema como en plataformas dixitais. Este ano, a estrea dos filmes Romeria de Carla Simón, rodado en Vigo, e Sirat de Oliver Laxe - Premio do Xurado ex-aequo no último Festival de Cannes – foron outros importantes resultados dun traballo dun sector audiovisual que vai medrando ano tras ano. Non foron os únicos. O melodrama romántico El secreto del orfebre, da galega Olga Osorio, aínda que non se rodou en Galicia, foi unha película que obtivo discretos resultados de taquilla. Así como Antes de Nós, segunda longametraxe de Ángeles Huerta cun guión escrito por Pepe Coira, que despois de estrearse oficialmente no certame agroglamuroso de Cans, e cunha distribución en só 17 salas de cinema, resultou ser na lista das 10 películas máis vistas, cunha media por copia de 178 espectadores, a terceira da historia do cinema galego por detrás de O que arde (2019) e A Esmorga (2014).
A semana pasada chegou as salas de cine Mi ilustrísimo amigo de Paula Cons, protagonizado por Lucía Veiga e Paco Déniz, un filme ambientado no século XIX que revive a historia de amor e creatividade entre Emilia Pardo Bazán e Benito Pérez Galdós a través das cartas orixinais que se conservaron. Esta fin de semana estréase San Simón de Miguel Ángel Delgado, despois do seu pase oficial na sección Made in Spain do último Festival de San Sebastián, e de gañar a Calpurnia a Mellor Película na sección Panorama Galicia do OUFF. Cunha narración acompañada por unha voz en off, a historia sitúase no periodo no que a illa de San Simón foi un campo de concentración franquista, entre o 1936 e o 1943. O filme compre coa necesaria función de recuperar unha historia oculta, aínda en forma fragmentaria, de reabrir o debate sobre a memoria histórica a través dun enfoque diferente.
Máis aló da gran pantalla, tamén nas plataformas dixitais podedes atopar series e películas que teñen algunha vinculación con Galicia. A máis recente é Animal, unha serie de ficción de 9 capítulos con marcado acento galego producida pola madrileña Alea Media. Protagonizada por Luis Zahera e Lucía Carballo, Animal vira arredor das vivencias dun veterinario que desde o rural galego vense obrigado a aceptar un traballo nunha tenda-boutique para mascotas dirixida pola súa sobriña Uxía en Compostela. É unha comedia de enredo destinada ao gran público e baseada principalmente en malentendidos xeracionais. Está gravada en Compostela e arredores e conta cun casting case enteiramente galego. Ademais do protagonista, temos a Lucía Veiga, Antonio Durán ‘Morris’, Machi Salgago, Sabela Hermida, Pepo Suevos, Ángela Andrada, Camila Bossa ou Abelo Valis, entre outros.
Outra obra con selo galego e que chegou á plataforma de Netflix o venres pasado foi Marea blanca: La surrealista historia de Rabo de Peixe, producida por Portocabo, dirixida por Joao Marques e guionizada polo arousano Marcos Nine. A estrea do documental coincidiu coa segunda tempada da xeitosa Rabo de Peixe, e da aos espectadores a oportunidade de adentrarse en profundidade sobre historia real que serviu de inspiración á serie. Marea blanca forma parte dos acontecementos onde a realidade chega a superar por creces a ficción.
Todas estas obras - e outras máis que terán pronto a súas estreas en importantes festivais nacionais e internacionais - confirman o bo momento que está a vivir o cinema galego en diferentes miradas, xéneros e formatos: a excelencia dunha cinematografía nas súas múltiples expresións.
“Prefiro condenarme” en Vigo
O próximo mércores, 29 de outubro, proxectarase en Vigo o filme ‘Prefiro condenarme’ de Margarita Ledo coa presenza da directora. O evento forma parte do ciclo ‘A lingua galega no cinema’ organizado pola Universidade de Vigo, co apoio da Deputación de Pontevedra e coa colaboración da produtora Novelolas. Terá lugar no Auditorio do Edificio Cambón (rúa Oliva, 3) do casco vello de Vigo, ás 19 horas. Entrada de balde.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
Lo barato sale caro
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
En busca e captura
Lo último
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense